martes, 14 de marzo de 2017

As mates divertidas!

¿Canles de Youtube que nos faciliten a vida coas diferentes materias, e tamén que nos axuden a aprender dun xeito máis ameno?
¡Así é!
Xa coñecedes os estupendos vídeos de ClipHistoria, cos que podemos viaxar no tempo e no espazo.

E agora, para as mates, física, química e incluso tecnoloxía, contamos coa gran axuda de profesor10demates , profesor10experimentos, co seu blog profesor10demates, e unicoos!

Hoxe, que celebramos o día do número PI, queredes saber máis sobre esta enigmática cifra...?


martes, 7 de marzo de 2017

Clasificación de Instrumentos

Hai tanta variedade de instrumentos como imaxinación ten o ser humano: infinita! Por iso non é de estrañar que xurdiran tamén moitas formas de clasificalos. Vexamos algunhas:

O Pórtico da Gloria

Do Mestre Mateo, como bo artista medieval, coñécese pouco. Pero este misterioso construtor que viviu no século XII deixounos, entre outras, unha obra de arte única: o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Non só desde o punto de vista artístico, senón tamén musical!
Fixádevos nos anciáns do arco central, baseados como todo o Pórtico, na Apocalipse. Cada un deles porta un instrumento distinto, con tanto realismo, que os luthiers actuais conseguiron reproducilos e recuperar instrumentos que xa se perderan no tempo. 

Visita virtual en 3D do Pórtico

Pero...¿como soaban estes instrumentos? O grupo de música antigua Martin Codax interpreta os seus temas con reproducións exactas baseadas no Pórtico. Non vos perdades o seguinte vídeo:


Orquesta de Instrumentos Autóctonos y Nuevas Tecnologías (OIANT UNTREFF) mostrando un luminoso organistrum:


viernes, 24 de febrero de 2017

¡Que viva o Entroido!

¡Hoxe, no IES de Viós, vivimos unha xornada especial de Entroido! Os rapaces esmeráronse coa decoración das aulas, cos disfraces, e coas comparsas imaxinativas e tremendas que montaron. 
Coa colaboración de todo o centro creamos un día que ficará na nosa memoria. 



Para a semana teremos a montaxe de vídeo, 
pero polo de agora premede na imaxe 
para ver máis fotos de todo o que aconteceu.



¡Feliz Entroido!

viernes, 17 de febrero de 2017

Excursións de Música

Non hai mellor maneira de aprender que a través do contacto co mundo real. Nas saídas escolares respírase doutro xeito, experiméntase o inesperado, obríganche a improvisar, a relacionarte de outra maneira, reforzan os lazos afectivos e crean recordos imperecedeiros.
Así aconteceu nas saídas á Coruña e a Santiago de Compostela.



O mércores 15 fomos co alumnado de 3º e da optativa de música de 4º a desfrutar dun concerto de rock no Palacio da Ópera, onde nos falaron dos instrumentos dunha banda de rock e interpretaron temas emblemáticos da súa historia; seguido dunha interesante visita á Domus, xogando e experimentando coa ciencia para ampliar os nosos coñecementos.



E o xoves 16 o tempo meteorolóxico de Santiago agasallounos cun fermoso día soleado, para explorar a catedral, onde tivemos a sorte de escoitar o órgano, e tamén de perdernos polo seu casco histórico. Por último, os Gallaecia Big Band puxeron en escena un concerto sobre a historia do jazz, cheo de humor e anécdotas, que nos fixo participar e incluso bailar con swing!