viernes, 17 de febrero de 2017

Excursións de Música

Non hai mellor maneira de aprender que a través do contacto co mundo real. Nas saídas escolares respírase doutro xeito, experiméntase o inesperado, obríganche a improvisar, a relacionarte de outra maneira, reforzan os lazos afectivos e crean recordos imperecedeiros.
Así aconteceu nas saídas á Coruña e a Santiago de Compostela.



O mércores 15 fomos co alumnado de 3º e da optativa de música de 4º a desfrutar dun concerto de rock no Palacio da Ópera, onde nos falaron dos instrumentos dunha banda de rock e interpretaron temas emblemáticos da súa historia; seguido dunha interesante visita á Domus, xogando e experimentando coa ciencia para ampliar os nosos coñecementos.



E o xoves 16 o tempo meteorolóxico de Santiago agasallounos cun fermoso día soleado, para explorar a catedral, onde tivemos a sorte de escoitar o órgano, e tamén de perdernos polo seu casco histórico. Por último, os Gallaecia Big Band puxeron en escena un concerto sobre a historia do jazz, cheo de humor e anécdotas, que nos fixo participar e incluso bailar con swing!


No hay comentarios:

Publicar un comentario