miércoles, 15 de febrero de 2017

Intelixencia emocional

Sempre se fala da intelixencia "racional", a que nos permite resolver problemas matemáticos e seguir razoamentos lóxicos. E así, clasificamos á xente como intelixente ou non baseándonos unicamente neste tipo de capacidades. Pero que pasa coas emocións, o movemento, a capacidade de relacionarnos cos demais...¿non son intelixencias tamén?


Si que o son, de feito a teoría das intelixencias múltiples dinos que temos bastante máis que un só tipo de intelixencia:



Premendo AQUÍ poderedes saber máis dunha das intelixencias que máis necesitamos para a nosa vida: a intelixencia emocional, aquela que nos permite relacionarnos dun modo san cos demais e con nós mesmos, xestionar as nosas emocións e, en definitiva, ser máis felices! :)


Como curiosidade, no seguinte enlace poderedes atopar un test que trata de medir a intelixencia emocional. Evidentemente un test escrito é algo limitado para avaliar as emocións, pero as preguntas que contén poden ser un bo motivo para pensar sobre o tema:

No hay comentarios:

Publicar un comentario