martes, 17 de octubre de 2017

Un curso diferente


Un novo curso empeza!, 
mais desta volta 
A Plena Voz inicia unha etapa diferente. 

Nova vida ábrese camiño, 
e á vez novas inquedanzas que levaban tempo adormecidas, agardando. 
Porque, en ocasións, non é certo o que nos din de que temos que atopar esa única vocación que nos apaixona, ese único interese. Moit@s temos múltiples intereses!, 
e ás veces a falta de tempo é o factor que determina telos aparcados. Ata que de súpeto chega o día no que podemos meternos de cheo neles, mergullarse e experimentar unha nova dimensión de nós mesm@s. 

A escritora e artista Emilie Wapnick explícao dun modo ameno no seguinte vídeo. Non volo perdades!


jueves, 29 de junio de 2017

Festival de Música no IES de Viós

Rematou o curso!, 
e no IES de Viós celebrámolo ó grande, cun Festival de Música con moita participación. 
Non vos perdades o vídeo-resumo con tódalas actuacións!:


E máis nada rapaces!, foi un pracer, agardo que vos levedes un bo recordo das clases de Música, de Valores Éticos, de Reforzo, do Coro, das excursións, dos Recreos coa aula aberta e chea de músic@s!
Que a música vos acompañe sempre e vos axude a ser un pouco máis felices nas vosas vidas!

¡¡FELIZ VERÁN!!



viernes, 19 de mayo de 2017

Thriller!!

Xa está aquí a representación de Thriller 
do alumnado de 4ºB da optativa de Música! 

Non volo perdades, estes zombies teñen moito ritmo!

lunes, 15 de mayo de 2017

Ranthambore!

Un novo grupo musical acaba de aparecer!, 
chámanse Ranthambore 

De momento non se desvelou quen está detrás desta formación... pero si que podemos desfrutar coa súa música!

Preme nas imaxes e poderás escoitar as súas cancións 
ou seguilos na súa páxina de facebook aberta:






Ou na súa páxina 
de Bandcamp, 
onde xa teñen 
3 singles recén publicados:



Os seus temas, creados entre guitarras, baixo, piano e batería, voces potentes e toques de acordeón, vos sorprenderán polas súas letras, creatividade e estilo único. Non vos perdades:

"Vendido":


"Kraken":


"No temáis por mí":

domingo, 7 de mayo de 2017

Ser profes no sistema educativo

De vez en cando saen voces de entre a escuridade, profesionais inquedos do ensino que falan A Plena Voz, que denuncian, claman ós ceos, verbalizan o silenciado... 

Non é sinxelo conseguir ser auténtic@s nun sistema moitas veces hostil. Ou levar ás aulas creatividade, amor, entrega...cando te atopas con tantos obstáculos. 

Unha profesora do IES Isidro de Arcenegui (Maarchena, Sevilla), Eva María Romero Valderas, escribiu en xaneiro esta liberadora carta, farta da falta de apoio da administración, da sociedade que cría rapaces consentid@s e tiran@s, de pais e nais hiper-esixentes...