martes, 31 de julio de 2018

Caso Acoso



O bullying ou acoso escolar continúa vixente na nosa realidade, 
pero a loita polo respecto e a igualdade que tod@s merecemos tamén! 




Aquí tedes o facebook de CASO ACOSO, unha iniciativa da Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito de Ourense, chea de recursos, vídeos... Premede na imaxe e non vos perdades as súas novidades!

martes, 17 de octubre de 2017


Hoxe en Galicia non chove,
hoxe chora.

Sáenos de dentro o Nunca Máis!, outra vez.
Outra vez.
Un berro de dor e noxo.
Mais de novo acontece...
De novo estamos nós apagando as lapas, recollendo o chapapote...
Cantas veces Máis farán falta?
Canto Máis ten que arder??
Señores inútiles do goberno: non son “uns cantos pirómanos”, non é “un feito propiciado polas temperaturas”, as lapas non “viñeron de Portugal”!
Como se atreven!, de verdade cren que somos tan parvos?
Isto que aconteceu é un crime,
non ten outro nome,
e vostedes son cómplices e instigadores!
Cantas escusas Máis teremos que escoitar?
Aborrecida deste absurdo, de que non se tomen medidas, dunha xestión de montes nefasta, dun sistema de prevención de lumes inexistente, de que triunfen os intereses económicos e a especulación sobre a conservación da nosa Beleza.
Si.
Aquí mátase a Beleza, descóidase.
Pisamos a farmacia cada día e nin nos decatamos.
Gozamos de bosques de ensoño e permítese a planta masiva de eucalipto.
Farta de tanta mentira...
Espabilen! Fagan algo dunha vez!
Porque se non algún día todo será cinza e po,
a ver que escusa nos contan para entón.


Hoxe en Galicia non chove.

Un curso diferente


Un novo curso empeza!, 
mais desta volta 
A Plena Voz inicia unha etapa diferente. 

Nova vida ábrese camiño, 
e á vez novas inquedanzas que levaban tempo adormecidas, agardando. 
Porque, en ocasións, non é certo o que nos din de que temos que atopar esa única vocación que nos apaixona, ese único interese. Moit@s temos múltiples intereses!, 
e ás veces a falta de tempo é o factor que determina telos aparcados. Ata que de súpeto chega o día no que podemos meternos de cheo neles, mergullarse e experimentar unha nova dimensión de nós mesm@s. 

A escritora e artista Emilie Wapnick explícao dun modo ameno no seguinte vídeo. Non volo perdades!


jueves, 29 de junio de 2017

Festival de Música no IES de Viós

Rematou o curso!, 
e no IES de Viós celebrámolo ó grande, cun Festival de Música con moita participación. 
Non vos perdades o vídeo-resumo con tódalas actuacións!:


E máis nada rapaces!, foi un pracer, agardo que vos levedes un bo recordo das clases de Música, de Valores Éticos, de Reforzo, do Coro, das excursións, dos Recreos coa aula aberta e chea de músic@s!
Que a música vos acompañe sempre e vos axude a ser un pouco máis felices nas vosas vidas!

¡¡FELIZ VERÁN!!



viernes, 19 de mayo de 2017

Thriller!!

Xa está aquí a representación de Thriller 
do alumnado de 4ºB da optativa de Música! 

Non volo perdades, estes zombies teñen moito ritmo!