No IES Carlos Casares e o CPI Laureano Prieto a creatividade abriuse camiño durante o 2010-2011. Hoxe recordámolo cos vídeos das actuacións de música, danza, teatro...Velaquí están!
Festival de Nadal do CPI Laureano Prieto e IES Carlos
Casares
Recital Día das Letras Galegas CPI Laureano Prieto
Os ensaios do coro de Viana continúan sendo durante o 2º recreo dos Luns. Pero debido á falta de tempo para preparar as cancións, tamén se están empregando ás veces os recreos do comedos dos Luns, sempre que non sexan incompatibles con Teatro e os ensaios de hip-hop.
Rapaces, este luns non estarei, así que continuaremos cos ensaios a vindeira semana.
Mentres tanto aproveitade para descargar os audios das partituras e ilos escoitando, tanto de Sale el Sol coma do Gaudeamus, así as ides asimilando, e ós músicos tamén vos pode servir para ir respasando os acordes.
Recordade que están postos na páxina web do Instituto, tendes as instrucións aquí no blog.
Como podedes ver na imaxe, unha vez que entredes tendes que premer na parte superior da imaxe, onde pon "Aula Virtual", e aparecerá unha lista de materias e cursos.