martes, 19 de marzo de 2013

Camiñando Lipdub!

              Xa temos audio para o Lipdub que faremos no IES Carlos Casares, trátase de Caminante, a canción de Bongo Botrako, pero ampliada para poder recorrer o centro (con momento en silencio incluído, para cantar un anaco en directo!) 

     Podedes descargalo na Aula Virtual do IES Carlos Casares, no apartado de Actividades Extraescolares, premendo en "Coro", na actividade 3. Velaquí o enlace: 
http://www.edu.xunta.es/centros/iescarloscasaresviana/aulavirtual/course/view.php?id=52

       O ensaio da gravación levarase a cabo o derradeiro luns pola tarde de abril (29 de abril) e a gravación final o luns pola tarde seguinte (6 de maio) 
       En breve repartirase a tod@s un guión coas actividades e posicións de cada quen. Nas vindeiras semanas comunicade as vosas propostas e ideas a través d@s titor@s, o alumnado de Música de 1º de BAC ou a profesora de Música.

jueves, 21 de febrero de 2013

"Californication" e "Noches de verano"

       
       O coro apúntase ó Rock e ós Musicais! 
     Así que, no Taller de Canto e Expresión Corporal rematamos Febreiro empezando con Californication, dos Red Hot Chili Peppers, e tamén a versión castelán de Summer Nights (musical Grease), "Noches de verano", que en Viana empregaremos no Musical que estamos preparando...


        Poñede as pilas e a cantar!

martes, 19 de febrero de 2013

Actuación na Semana da Orientación


           ¡Gran actuación do Taller de Canto e Expresión Corporal durante a Semana da Orientación no IES Carlos Casares!



jueves, 14 de febrero de 2013

Día da Paz no IES Carlos Casares



         O Día da Paz celebrouse en Viana dun xeito especial.
      Despois dunha introdución na que Susana Fernández, a coordinadora do Equipo de Mediación do IES, reflexionou sobre como a violencia só xera máis violencia, e a necesidade de atopar vieiros de cooperación neste mundo, levamos a cabo un acto cheo de teatro e música.



Entroido na Gudiña!

          Despois destas datas cheas de celebracións e festexos, xa están aquí os vídeos resumo e as fotografías do Xoves de Comadres e as actividades organizadas desde CPI Laureano Prieto, e tamén as imaxes do venres e o desfile de Disfraces!