lunes, 28 de abril de 2014

Olloboi 2014: empezan as votacións!

     O IES Carlos Casares (Viana do Bolo) preséntase ao Concurso Audiovisual Olloboi 2014 coas súas curtametraxes "Camiñante Lipdub" e "Grease vs. Thriller"!! 


          Escolle unha delas e dalles o teu voto enchendo o formulario do seguinte enlace:

Só temos ata o 9 de Maio!!

Velaquí podes ver Camiñante Lipdub:


E a continuación Grease vs. Thriller:

   
        Vota e reenvía a mensaxe, fai que o audiovisual de Viana percorra o mundo!  Moitas gracias! 
        

jueves, 24 de abril de 2014

Remata o Cantalingua 2014

      Os Bulebule non gañaron o Cantalingua pero foron @s absolut@s gañador@s do público!, e aínda que este mérito non estea premiado polo certame, xa que os  grupos escollidos polo alumnado-xurado foron outros, o noso "Os sons que nos unen" rematou con 1596 votos! (preme na súa foto se queres ir á páxina do Cantalingua)



       Parabéns rapaces!, participar nun certame deste tipo a carón de grupos consagrados do panorama musical galego, e ter xa composta e gravada unha canción, é unha experiencia fermosa e inesquecible.
       "Os sons que nos unen" continuará enchendo a rede de música no Soundcloud de A Plena Voz. Non deixes de escoitala!:

viernes, 28 de marzo de 2014

Os Bulebule no CANTALINGUA 2014!!

    Acaban de empezar e xa están dando que falar!! 

      A primeira canción dos Bulebule, o grupo revelación deste curso no Xelmírez II, arrasa na rede: Os sons que nos unen foi recentemente seleccionada para participar no concurso Cantalingua 2014, a carón doutros grupos consagrados do panorama musical galego!!


Parabéns para o grupo e a seguir adiante! Aquí tendes o link para ver a páxina do Cantalingua e escoitar o tema musical:

A Plena Voz xa está en Soundcloud!

   
  Soundcloud, unha plataforma de distribución de audio on-line, será a partir de agora unha nova fiestra para mostrar o voso traballo. 

Velaquí o link para compartir sons e cancións de A Plena Voz:

                           https://soundcloud.com/a-plena-voz 


     E aquí mesmo xa podedes escoitar "Os sons que nos unen"!, o primeiro single dos Bulebule! Este grupo está formado por oito rapaces de 1º de Bacharelato, eles son: Carlos Lema Salvado, Irene Merino Jiménez, Carlos Álvarez Castro,Laura Bouzas Vázquez, Lucía Otero del Río,Pedro Calvo Alboz, Verónica Baleato Castro e Tamara Adrán Naveiro. Na composición desta canción colaboraron tamén Nuria Vilares Fernández e Antía Ferreiro Troiteiro, de 2º da ESO. Aquí tedes o link:

lunes, 24 de marzo de 2014

Unha ata logo

Hoxe A Plena Voz despídese dun centro que lle foi moi querido.

        Un lugar, o IES Arcebispo Xelmírez II, onde atopei xente asombrosa, e que deixo con mágoa. Profesorado, persoal de centro...

               Pero hoxe, isto vai dedicado en concreto a vós,
 rapaces,
pequen@s (e non tan pequen@s) tol@s, 
O meu alumnado deste curso 2013-2014.

        Sempre se di que os profes ensinamos, e vós aprendedes. A estas alturas xa non o teño tan claro...Aprendín moitísimo de vós, pásame canda ano, pero este especialmente. Pode que eu estea aprendendo tamén cómo chegar a vós, cómo conectar, cómo entendervos. E iso, asegúrovolo, axúdame a entenderme a min mesma. 

              Este curso, e estes días especialmente, sentín o voso cariño. Contades co meu, tamén. Aínda que marcho, en parte lévovos comigo. Tamén parte de min fica aí, con vós. 

        E aquilo que compartimos: os momentos máxicos nos que todo fluía, a conexión, o festival, as excursión, os días terribles e caóticos (si, tamén eses!), todo iso forma xa parte de nós, e levarémolo dentro, para sempre.

                 Como me dixo alguén sabio hoxe: "Non é un adeus, é un ata logo". Así que marcho con tristura, si, pero tamén feliz! Feliz de coñecer tan boa xente, de ter a oportunidade este curso de estar aí, con vós. Feliz porque nos recreos a música xurdía maxicamente: montabades grupos, orquestras, bailes (algúns montaban incluso procesións...!), vós sós, coa vosa creatividade e iniciativa. Feliz porque estou segura de que nos atoparemos no futuro, e que a vida nos depara grandes aventuras. Recordade: o mellor sempre está por chegar!

                    Eu só podo repetir o meu agradecemento, GRACIAS!, gracias por todo. Foi un honor e un pracer. 

         Como saben ben os meus oito Bule-Bule, a música é a mellor terapia, tamén para alegrarse cando un está algo triste. Así que escoitade este "Happy", de Pharrell Williams, e tod@ o mundo a bailar!