miércoles, 6 de enero de 2016

Curtametraxe "Busca tu elemento"

Esta é a historia de Ariadna, 
que che parece?, sínteste identificad@?, 
cal é a túa resposta para a pregunta que lle di a amiga:
¿Eres feliz?


Descubrir os teus talentos

Moitas veces pensamos que só uns poucos privilexiad@s posúen talento. Pode que nos veñan á cabeza nomes como Einstein, Beyoncé, Rafa Nadal...

Pero en realidade TOD@S temos talentos, só hai que descubrilos!
Neste divertido vídeo, Ken Robinson, investigador e escritor británico sobre a creatividade, a educación e o talento, explícao moi ben. Tamén critica o papel da escola, que ás veces en vez de axudar dificulta...:



E mirade esta entrada do blog "Justifica tu respuesta", fala das cualidades das persoas con talento. Fíxate!, todas as podes conseguir, só fai falta estar disposto:



MellorARTE: un espazo para indagar en nós mesmos

Porque a educación non é só matemáticas, lingua, sociais...nin sequera música! 


Porque educar significa axudar a descubrirnos a nós mesm@s, a ser mellores persoas, a construír un mundo máis xusto.


No espazo mellorARTE atoparedes propostas, blogs, vídeos, materiais sobre aspectos tan importantes como atopar os nosos talentos, xestionar emocións, aprender a ser empáticos...





No fondo, todo trata de coñecernos a nós mesmos, si, a frase que estaba inscrita no tempo de Apolo, en Delfos, na Antiga Grecia, moito tempo atrás...

A que esperas?: coñécete a ti mesm@!



jueves, 17 de diciembre de 2015

Bo Nadal!

Xa chegan as esperadas vacacións de Nadal, e a canción "Happy Christmas (The war is over)", do inimitable John Lennon, 
vénseme á cabeza. 
Será porque, a pesar de que xa choveu desde o 71, algunhas cousas non cambiaron tanto. Antes chamábase Vietnam, agora Siria, pero segue habendo guerra. 
Segue habendo xente que quere sacar tallada a base de terror, a costa de xente que non terá un fogar neste Nadal, a costa dos que teñen que vivir baixo o dictadura das bombas. Por tod@s el@s, e pol@s que xa non están, vai este himno de esperanza. 

Oxalá poidamos dicir, algún día, definitivamente: 
The war is over!








Moi feliz Nadal 
e aninovo!



domingo, 13 de diciembre de 2015

Cantamos con todo o corpo!



Cantar, falar, rir... nacemos cun fermoso instrumento musical dentro de nós, unha incrible ferramenta de comunicación que ás veces non valoramos o suficiente.

Nas aulas de Música imos aprender como funciona a nosa voz, e como coidala o mellor posible, e para iso, recorda sempre, antes de cantar, 3 pasos imprescindibles:


                 Quecemento

                               Relaxación

                                               Respiración


Para poder cantar, todo o noso corpo se pon en acción. Pode semellar que a voz só depende da gorxa ou das cordas vocais, pero non é así. Na emisión da voz implícanse 4 sistemas:





 

-Sistema respiratorio







Neste gráfico podedes ver o conxunto de órganos e estruturas que interveñen no proceso vital da respiración, cando inhalamos e exhalamos aire.