viernes, 25 de septiembre de 2015

Dos bailes tradicionais ó Rock'n Roll!

       Estes días estamos empezando coa expresión corporal e o movemento, e na optativa de 4º, en concreto, interpretando un baile tradicional de Cuzco e unha coreografía de Rock'n Roll clásico. Danzas ben distanciadas no estilo pero que á vez comparten moito! Velaquí podedes repasar os pasos do baile de Cuzco, interpretado polo alumnado do CPI Laureano Prieto (A Gudiña)


     E neste outro vídeo podedes ver a coreografía orixinal de Elvis para o seu "Jailhouse Rock", da película homónima filmada en 1975:




     Falaremos estes días das diferenzas e semellanzas entre a música e o baile tradicional ou popular, e as músicas e bailes urbanos, xurdidos en torno ó século XX. Pero polo de agora, imos con algunha pista visual para que poidades buscar ese "elemento" que vos permitirá caracterizarvos en cada un dos estilos, porque o vestiario tamén é unha parte importante da danza.

    
   Empezamos por Perú e os seus coloridos traxes tradicionais!






 E agora imos co...

 

   


     O filme "Grease" (1978) ambientada nos anos 50 é un moi bo exemplo de como foi a estética dos inicios do Rock.











 E fotos reais das festas de rock e rockabilly da época

       

No hay comentarios:

Publicar un comentario