viernes, 25 de septiembre de 2015

AC/DC


        AC/DC! Non existe, no mundo do Rock, unha banda máis emblemática. Xa pasou un tempo desde o 73, cando os irmás Young, Angus e Malcom, practicamente uns mozos adolescentes, decidiron crear un grupo aló na súa terra: Australia. 
       AC/DC, literalmente "Corrente alterna, corrente continua", segue creando pura enerxía hoxe, máis de 40 anos despois. De poucos grupos se pode dicir que teñan unha calidade tan tremenda no seu directo, e que duraran tanto tempo cunha formación tan sólida.

Portada de "Highway to Hell", con Bon Scott á dereita

     Actualmente o grupo sobreleva unha triste noticia. Malcom Young, incrible guistarrista e verdadeiro creativo da banda, padece demencia senil, co que tivo que retirarse, e foi substituído polo seu sobriño, Stevie Young.
     Pero as súas composicións están aí para que as continuemos desfrutando, e nada mellor que empezar co disco e o tema musical que os levou ó estrelato no 79: "Highway to Hell"! Versión do 79 en directo co falecido Bon Scott na voz principal:


      Cando Bon Scott faleceu no 80, o grupo tivo que atopar un novo cantante. E ese foi Brian Johnson, o cantante do grupo "Geordie" Brian, que ademais traballaba de camioneiro e reparando teitos e parabrisas de coches. Claramente, a súa vida deu un xiro absoluto cando pasou as audicións e o posto de cantante foi seu.
      E aquí está o "You shook me all night long", do 91 en directo en Reino Unido. Reparade nos incribles sós de Angus e a súa posta en escena...único!


   
      E tantos, tantos temas imprescindibles...:


Thunderstruck



TNT

e máis, moitos máis....

      Agora mesmo o grupo está de xira, e podedes consultar máis información na súa páxina oficial:
http://www.acdc.com/es/home


SABÍAS QUE....?

-A curiosa estética do guitarrista Angus Young foi idea da súa irmá Margaret. Este probou diferentes posibilidades, como ir vestido de gorila, superman ou incluso spiderman!, pero finalmente optou polo seu uniforme do colexio. Parece ser que cando empezou a tocar a guitarra, de pequeno, non tiña tempo para cambiarse ó chegar a casa, e simplemente tocaba directamente con el posto.

-O "duck walk", o  peculiar baile de Angus, fíxose famoso en realidade con Chuck Berry, unha gran influencia na música e estilo do guitarrista.



No hay comentarios:

Publicar un comentario