"Home de Vitrubio", debuxo de Leonardo da Vinci |
No século XV e XVI, despois da escura Idade Media e antes do mundo moderno, aconteceron unha serie de transformacións artísicas, culturais, científicas e sociais que coñecemos como o Renacemento.
"David" de Michelangelo |
Domina o Humanismo, a corrente filosófica pola que o ser humano (e non Deus, como na Idade Media) é a medida de tódalas cousas, o centro do Universo (mirade o "Home de Vitrubio" de Leonardo da Vinci").
Admírase a antigüidade grecorromana, especialmente o seu arte, emprégase a razón
como fonte de coñecemento e búscase a verdade a través da reflexión persoal e da investigación.
Retrato de da Vinci de Lisa Gherardini del Giocondo, ou Mona Lisa |
E como era a danza en aquel entón?
O alumnado de 3ºESO vai a empezar a aprender o baile
"Rostiboli Giogioso",
unha danza de salón ou cortesá, con tres partes ben diferenciadas:
-a Bassadanza,
-a Piva
-e o Quadernario.
No Renacemento a sociedade refinada (a nobreza, alta burguesía, etc) adoptou a danza como un dos seus entretementos preferidos. Un bo cortesán debía ter unha boa educación musical, e iso incluía a danza.
A música de baile tiña que estar composta para bailar, o que condicionou a súa estrutura (para que fose fácil de seguir cos movementos) Isto fai que teña unhas características determinadas:
- Regularidade das frases musicais, curtas e simétricas.
- Cadencias claras
- Ritmos marcados
- Repeticións habituais.
Ademais, as danzas adoitaban agruparse en "pares de danza", é dicir, unha parella de bailes contrastantes, cunha primeira danza de pasos en ritmo binario e tempo lento, seguida de unha segunda danza de xiros ou saltos, máis rápida e en ritmo ternario (por exemplo a combinación de Pavana e Gallarda)
É a partir do século XV cando aparecen os primeiros mestres de danza que establecen regras e pasos precisos, publicando manuais coa coreografía e a música das danzas de moda.
Pero só existía a danza nas cortes e pazos...?
Non, tamén o pobo bailaba, claro!
É nesta época cando empeza a separación entre a danza popular ou folclórica (bailada pola xente común) e a danza cortesá ou de salón (bailada pola aristocracia). De feito, a orixe da danza cortesá está nas danzas populares, xa que estas se transformaron en danzas sociais empregadas como entretemento pola nobreza.
- Escoita e visualiza agora o baile Rostiboli Giogioso no seguinte vídeo. Cumpre as características xerais da danza renacentista? Esta é a danza que interpretaredes pero bailada polo alumnado do CPI da Gudiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario