domingo, 15 de noviembre de 2015

Do, Re, Mi...

Queres cantar?, 
pois o primeiro paso será aprender as notas musicais:

Do, Re, Mi, Fa, Sol, La, Si

Na pelicula musical "Sorrisos e bágoas" (no orixinal "The sound of music", dirixida por Robert Wise, 1965, baseada á súa vez nun musical de Broadway), hai unha canción moi sinxela e pegadiza coa que poderás aprender as notas. Escoita o audio da versión inglesa:


Si, escoitaches ben, no mundo anglosaxón, a nota Si dise "Ti"!

E velaquí a escena con subtítulos en italiano. 
Se che gustan os musicais, realmente este filme vale a pena. É a historia dunha monxa algo rebelde (María, protagonizada por Julie Andrews, gran intérprete e cantante), que é enviada a coidar dos sete fillos do capitán Von Trapp, en Suíza. O ambiente previo á 2ª Guerra Mundial, a piques de estoupar, as aventuras da institutriz e os rapaces, as historias de amor e desamor...xa verás como o pasas ben coa película:


E agora, imos cantar a versión en español. Aquí tedes a letra e a canción para poder practicala:


Ou se prefires, o vídeo da canción (nestes casos trátase do musical, non da película)


E céntrate sobre todo nesta parte da canción:

DOn es trato de varón,

REx fantástico animal,

MI denota posesión,

FAr es lejos en inglés,

SOL ardiente esfera es,

LA al nombre es anterior,

SI asentimiento es,

y de nuevo viene el DO

DO, DO, DO

No hay comentarios:

Publicar un comentario