
O ser humano pode escoitar sons desde o 19 ou 20 Herzios (sons moi graves) ata os 19.000 ou 20.000 Herzios (sons moi agudos) A partir destes límites falamos de infrasóns ou suprasóns. Nós non podemos percibir este tipo de sons, non os oímos, pero outras especies si, como os cans ou as baleas.

Cando somos novos podemos escoitar tódolos sons que se atopan no noso espectro auditivo. Logo, co tempo, a medida que nos facemos maiores, imos perdiendo, de modo natural, sobre todo agudos. É dicir, deixamos de escoitar os sons que se atopan no límite superior (18.000 Hz, 17.000 Hz...)

Isto tamén pode pasarnos de pequenos se expoñemos os nosos oídos a sons demasiado fortes durante moito tempo! (a partir dos 120 dB poden producir danos!) Esta exposición sonora excesiva dana o tecido do oído interno e as células encargadas da audición poden morrer.
E atención: estas células non se rexeneran!
Coñece agora como está a túa audición co seguinte test. Busca un lugar tranquilo e silencioso, ponte uns auriculares, volume normal, e comproba cando deixas de oír os sons.
E recorda: a saúde da túa audición está nas túas mans!
No hay comentarios:
Publicar un comentario