A Escola de Atenas, obra de Rafael (1483-1520), pintor e arquitecto, a orixinal e a versión "quen é quen"
domingo, 28 de febrero de 2016
domingo, 21 de febrero de 2016
Siyahamba!
En coro viaxamos a África coa canción Siyahamba, tradicional zulú. O seu título significa "camiñemos", e trátase dunha canción sudafricana que se popularizou nas igrexas estadounidenses na década dos 90. Aquí tedes a letra, moi sinxela e repetitiva:
domingo, 14 de febrero de 2016
Historia do Rock 3. Os 60, a "década prodixiosa"
Historia do Rock 3.
Os 60, a "década prodixiosa"
Ike & Tina Turner "Fool In Love"e "Work Out Fine" (1965)
viernes, 12 de febrero de 2016
Excursión a Santiago!
Este chuvioso venres 12 de febreiro o alumnado de 2ºESO A e B foron a Santiago!
Desfrutamos dun concerto no Auditorio de Galicia, coa Filharmonía de Santiago acompañada do alumnado do Conservatorio. Interpretaron a Sinfonía nº5 de Franz Schubert.
miércoles, 10 de febrero de 2016
Historia do Rock 2. Inicios: a década dos 50, o Rock&Roll
Historia do Rock 2.
Inicios: a década dos 50, o Rock&Roll
"Rock around the clock", de Bill Haley & The Comets (1954)
"Shake, Rattle and Roll", de Big Joe Turner (1954)
Festival de Entroido 2016!
No CPI Cruz do Sar despedimos as clases para as vacacións de Entroido cun gran evento:
un Festival que reuniu interpretacións instrumentais, danza, canto, karaoke...e incluso unha obra de teatro e un certame de Comparsas!
Tes tódalas imaxes do Festival no seguinte enlace:
E o vídeo resumo do Festival!
En Vimeo:
En Youtube:
viernes, 5 de febrero de 2016
O valor do esforzo
Desta volta non puido ser rapaces, o noso texto para o sonigrama 114 non gañou o certame do Diario Cultural...pero non vos desanimedes!
O fracaso é parte da vida, tan importante coma os triunfos, e del pódese aprender un montón. Admitir os fracasos e saber encaixalos ben é a maior das sabedorías, unha aprendizaxe para a vida. Se sabemos aprender deles, continuaremos no noso camiño coas forzas redobradas, co ánimo fortalecido, aprendendo a poñelos na súa xusta medida e a seguir camiñando.
lunes, 1 de febrero de 2016
Imos ó Auditorio de Galicia!
O vindeiro 12 de febreiro, o alumnado de 2ºESO do CPI Cruz do Sar acudirá ó Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a desfrutar dun concerto: a sinfonía nº5 de Franz Schubert. Despois, visitarán a Catedral de Santiago e farán unha visita ás súas cubertas.
O concerto estará interpretado pola Real Filharmonía de Galicia e por alumnado do Conservatorio de Música de Santiago. Alí poderedes ver os instrumentos e seccións que compoñen unha orquestra clásica. Sabes cales son?
Se premes na seguinte imaxe, accederás a un xogo no que terás que colocar os instrumentos no seu lugar:
O director do concerto será Diego García, aquí o tedes nun ensaio:
Schubert dando un dos seus recitais de lieder, composicións para voz e piano |
-> Escoitade con atención a sinfonía o vindeiro venres e pensade a cal corrente estética se achega máis: ó Clasicismo ou ó Romanticismo..?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)