Hai un montón de recursos para poder estudar os instrumentos da orquestra e a súa clasificación,
como este vídeo que vos vai mostrando as familias da corda, vento e percusión,
os nomes dos instrumentos máis significativos e como soan.
Pero xa sabedes que nós temos unha clasificación máis completa.
A corda ou cordófonos divídese en
corda fretada, percutida e pulsada ou punteada.
O vento ou aerófonos divídense en
vento-madeira, vento-metal e vento mecánico.
A percusión divídese en
idiófonos e membranófonos,
que á súa vez poden ser de son ou altura determinada/definida (afinados) ou indeterminada/indefinida (non afinados)
E ademais temos unha cuarta familia de instrumentos:
os electrófonos!
Nesta serie de vídeos podedes ir vendo todas estas familias, coa explicación de como funcionan e soan:
E ademais temos instrumentos misteriosos...como a celesta! Sabedes como funciona?, mirade neste vídeo:
Ou o salterio:
Recoñeces os instrumentos cando os escoitas?, proba!:
Neste xogo podes comprobar os teus coñecementos sobre a clasificación dos instrumentos e tamén escoitalos. Preme na imaxe da esquerda e xoga!
E por último, este xogo no que tes que colocar os instrumentos na orquestra e podes ver como soan. Preme na imaxe da dereita e compróbao:
No hay comentarios:
Publicar un comentario