viernes, 24 de noviembre de 2023

Ante a violencia de xénero, tolerancia cero!

Mañá é o Día contra a violencia de xénero, unha lacra que por desgracia existe e está aínda moi presente na nosa sociedade. Cada día, mulleres son maltratadas ou morren a mans de homes que se consideran con dereito a decidir sobre a súa vida e o seu benestar.


¡ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO, TOLERANCIA CERO! 

sábado, 4 de noviembre de 2023

A tocar!

 Empezamos xa coas partituras, e aquí temos a primeira, unha canción que coñecedes ben e que nos vai permitir aprender un montón sobre diferentes símbolos e signos de prolongación; aquí está Cumpleaños feliz!

 
Podes tocala coa fruta ou cantala coa túa voz, e incluso empregar instrumentos online coma os seguintes:


lunes, 23 de octubre de 2023

Experimenta e repasa coas notas, figuras e silencios musicais!

 Hoxe imos dedicar un pouco de tempo a repasar aqueles conceptos que estivemos vendo nestas primeiras semanas de curso: a notas musicais, as figuras e os silencios. Son a base da linguaxe musical, os ingredientes principais cos que poderemos compoñer música, así que adiante! Preme nas imaxes e vai probando os diferentes xogos:


lunes, 9 de octubre de 2023

Linguaxe musical: ritmo, pulso e acentos, os compases de subdivisión binaria


En Música, chamamos pulso á unidade básica para medir o tempo, son como golpes constantes que están na base das cancións (poden ser máis rápidos, lentos, intermedios...dependendo da velocidade da peza, que se chama Tempo


Para identificar o pulso dunha canción proba a dar golpes constantes coa man ou o pé (non te pases coa forza!)


Cando se fai música, colocando os acentos créanse patróns ou secuencias repetitivas con estes pulsos. por exemplo:

  1. acentuando o primeiro de cada 2 (ritmo binario, compás de 2/4), 
  2. acentuando o primeiro de cada 3 (ritmo ternario, compás de 3/4
  3. ou acentuando o primeiro de cada 4 (ritmo cuaternario, compás de 4/4)

 

lunes, 25 de septiembre de 2023

Proxecto Competencial

Para inspirarse nada mellor que aprender do que fixeron outr@s antes ca nós. Mirade os proxectos tan interesentes que se levaron a cabo no IES Lucus Augusti o ano pasado. 

 


miércoles, 13 de septiembre de 2023

Filosofía

A palabra Filosofía ten orixe no grego philosophia (φιλοσοφία)Philosophia é unha voz grega que se orixina da unión de -phílos (φίλος), que se traduce como "amigo" ou "amante" e -sophía (σοφία), entendida coma "sabedoría" A tradución máis común é "amor á sabedoría" ou "amor ó coñecemento"


Ética

 Hai moitos recursos en rede para traballar valores, para reflexionar sobre conflitos morais e para aprender máis sobre as emocións e como xestionalas. Aquí van uns fragmentos de películas que nos farán pensar: os efectos dun réxime opresor sobre as sociedade, a guerra, os conflitos e amor entre pais e fill@s, un xeito de cambiar o mundo, e un recordatorio sobre a situación de desigualdade da muller non fai tanto tempo.

Volvemos!

 Un novo curso comeza, e case 6 anos despois, A Plena Voz volve aínda con máis forza. A maternidade como fonte de sabedoría e de forza, que puxo todo patas arriba e que desvelou o verdadeiramente esencial.

Desta volta aterramos no CPI Alfonso VII de Caldas de Reis, ¿que novas aventuras nos agardan este curso? Non volo perdades!