viernes, 24 de noviembre de 2023

Ante a violencia de xénero, tolerancia cero!

Mañá é o Día contra a violencia de xénero, unha lacra que por desgracia existe e está aínda moi presente na nosa sociedade. Cada día, mulleres son maltratadas ou morren a mans de homes que se consideran con dereito a decidir sobre a súa vida e o seu benestar.


¡ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO, TOLERANCIA CERO! 

 Calquera tipo de violencia non ten xustificación. Respecto, tolerancia e sobretodo autoestima e autocoidado. Denunciemos sempre as situacións de violencia, tanto física como verbal, psicolóxica, ou de calquera tipo. O control, o acoso,as situacións denigrantes...deixemos todo iso atrás dunha vez. A forza das mulleres e dos homes unid@s, seres humanos nun proxecto común de crear un mundo mellor, crecendo xunt@s.

Estes días estivemos escoitando temas que teñen que ver con toda esta dinámica tóxica que se da ás veces nas relacións. O poder da música para denunciar e sanar é inmenso, e mostra o cansas que estamos xa destas situacións. Escoita e canta estes temas, que resoen en cada recuncho do Planeta!



















No hay comentarios:

Publicar un comentario