domingo, 28 de enero de 2024

A cantar!

 Estes días traballamos na aula algo tan íntimo e primitivo para o ser humano coma o canto. 

Non é sinxelo ás veces atopar a nosa voz ou conseguir sentirse a gusto cantando, pero a satisfacción que obtemos expresándonos a través do canto é inigualable. 


Estes días estivemos practicando diferentes respiracións que nos poden axudar a cantar: 

  • Respiración abdominal
  • Respiración completa
  • Respiración dobre
No seguinte vídeo tedes unha explicación sobre como conseguir unha respiración completa, que non só nos axuda a cantar, senón a relaxarnos e a osixenar o corpo e a mente. Nos enlaces do propio vídeo podedes acceder a outros tipos de respiración, como a abdominal:

Neste outro veredes unha breve explicación sobre a respiración dobre ou suspiro fisiolóxico, xenial para rebaixar os niveis de extrés:



Tamén praticamos quecementos para voz e corpo, necesarios sempre que queiramos cantar, igual que antes de xogar un deporte necesitamos quecer os músculos que imos empregar. Do mesmo xeito as nosas cordas vocais e todo o noso corpo precisan que o preparemos e espertemos antes. Porque recordade que a voz e as emocións están conectadas, e que o corpo e as emocións tamén van da man. Canto máis relaxadas esteamos máis cómodas cantaremos.

Neste vídeo podedes ver algúns dos exercicios que aprendimos en clase para quecemento de voz:

  • Quecemento co son "rrrrrrr", vibración da lingua
  • Quecemento co son "br", a vibración de beizos
  • E outros moi curiosos que podedes probra tamén!


E neste outro podes ver diferentes son en arpexios (con diferentes alturas máis graves e máis agudas)


Agardo que che sirva e que che gustase!, e recorda, para descubrir a túa voz e cantar, o máis importante é que o disfrutes!, hidrátate, non fagas sons nos que te notes incómoda ou sintas molestia na gorxa, e a pasalo ben!

No hay comentarios:

Publicar un comentario