miércoles, 14 de febrero de 2024

Empezamos a Historia da Danza: a Prehistoria

 O movemento e a expresión corporal, igual que a música, especialmente a percusión, son tan antigos e primixenios que con toda probabilidade existiron desde que o ser humano percorreu este planeta, e seguramente xa antes, na nosa fase previa de Homo Sapiens e homínidos. O baile é algo inherente á propia vida, non hai máis que ver as danzas de apareamento que empregan diversas especies para atraer ás súas parellas. Expresamos e sentimos a través del, movemos as emocións e transmitímolas cando as palabras non abondan.

Pintura rupestre Los danzantes de Cogul, 
Roca dels Moros (Cataluña), 7000 a.C.
 As pinturas rupestres atopadas en grutas e covas mostran escenas de danzas rituais relacionadas coa caza, a fertilidade...os ciclos da vida e da natureza. Non temos vídeos como agora, pero podemos tentar imaxinar ese mundo, esa realidade no que a vida en pleno contacto coa natureza, os elementos naturais, os perigos e as inclemencias do tempo eran constantes. A procura da comida, o lume, as tormentas que caían sobre fogares moito menos resistentes ca os nosos, as enfermidades e a morte que se levaban ós membros da tribo sen solución... Imaxinade un mundo sen electricidade, sen hospitais nin médicos, un mundo completamente escuro polas noites excepto pola existencia dun elemento fundamental: o lume. 





Clip da película Alpha (2018), escena de caza





O único que temos son as pinturas, especulacións de como serían esas danzas, e algúns pobos e tribos do planeta que pode que se parezan ó que debía existir nese momento, humanos que aínda viven en contacto íntimo coa natureza e seguen os seus ritmos.



Si, falamos dalgunhas tribos de África, Asia e América, tribos que conservan as súas tradicións ancestrais e que nos poden dar unha idea de como serían eses bailes.

 Senegal: Danza dos Animais



Dakota: Danza medicinal do pobo Lakota 


Australia: Danza aborixen para a caza


Agora imos aprender uns pasos da man do grupo Teranga, de Senegal, e crear a nosa propia danza tribal, usando algunha destas percusións:




No hay comentarios:

Publicar un comentario