Velaquí algunhas das audicións que estamos a escoitar estes días, coma sempre empezamos as aulas sentindo, facendo unha pausa para respirar e mirar adentro, para desconectar das présas da xornada e situarnos.
martes, 30 de septiembre de 2025
viernes, 26 de septiembre de 2025
Empezamos no IES Fontexería de Muros!
De aquí saíron grupos como The Rapants ou Maestro. Na súas rúas e na Escola de Música xéranse inquedanzas musicais que esperamos axudar a cultivar desde as aulas de Música.
Imos alá!, the show must go on...
jueves, 10 de julio de 2025
Deica sempre!
Tanto @s rapaces coma @s mestres (pois á fin e ó cabo tod@s somos un pouco mestres e un pouco rapaces, aínda que xa nos saian canas...), quero darvos as gracias a tod@s, tamén polos conflitos, as diferencias de opinión, as discusións... Os coles non serían coles sen que ás veces teñamos desacordos, e de aí xurde moitas veces a maxia e as grandes ideas, os cambios que son tan necesarios.
O derradeiro día de clase, cando cheguei á aula, atopeime os carteis que fixeramos ó principio arrincados. A "Participación", "Respecto", "Escoitar"...todos caídos e algúns un pouco destrozados. Unha parte de min sentíu decepción e incluso algo de rabia, pois aqueles carteis iniciais, pensei, significaban as nosas intencións, os valores da clase, os pilares nos que construír a aprendizaxe. Pero tamén puiden ver o desafío, a roda eterna nas que nos movemos o presorado, porque cada vez que acabamos un curso hai que volver a empezar. E acordeime da escena final de "Rebelión nas aulas", na que o profesor interpretado por Sidney Poitier, cando xa conseguira chegar a conectar cun alumnado difícil e "rebelde" como di o título, encóntrase cos seus alumn@s do curso seguinte, e ve que o seu labor volve a empezar irremediablemente.
Gracias Valga por todo o que me diches este curso, deséxovos o mellor a cada un de vós!,
e se os nosos camiños se volven a cruzar, e o tempo pasou e os nosos rostros cambiaron, agardo que paremos un intre e falemos da vida, e traiamos de volta algunha lembranza compartida. Porque ó final, o máis importante, é que nos queden recordos, e que nos alegremos do que deixamos atrás.
Deica sempre!
jueves, 19 de junio de 2025
martes, 27 de mayo de 2025
Rostiboli Giogioso e danza prehistórica
Aquí está o audio para o baile renacentista que bailamos en 3º, Rostiboli Giogioso:
viernes, 23 de mayo de 2025
AUDIO LIPBUB 4ºESO
No IES de Valga o alumnado de 4ºESO está orgaizando un Lipdub para despedirse do centro na súa graduación!, aquí está o remix que empregaremos para crealo, premede na imaxe e a disfrutalo!:
viernes, 14 de marzo de 2025
Raíñas e guerreiras!
Aquí está a versión que fixo o alumnado de 1ºde Bacharelato de Linguaxe e Práctica Musical do IES de Valga, do tema musical "Reinas" de Ruth Lorenzo e Tanxugueiras, con motivo do Día Internacional da Muller, o 8M.
"Raíñas" fala das mulleres e da súa forza, das nais, guerreiras e loitadoras, das que non teñen medo de mostrarse e que levan desde tempos ancestrais aturando que as calen. É tempo de alzar a voz e berrar!
domingo, 16 de febrero de 2025
VocalRemover, crea os teus propios karaokes!
Quen non se puxo algunha vez karaokes de youtube para cantar as súas cancións favoritas?, o malo é que ás veces non atopamos algúns temas e devecemos por cantalos...
Pero coa ferramenta online e gratuíta de IA, VocalRemover , podedes sacar as voces de calquera canción que queirades!
Premede no enlace ou na imaxe e probádeo!
domingo, 19 de enero de 2025
Cantando ópera!
Enténdese canto lírico coma o conxunto de técnicas vocais empregadas para cantar o repertorio de música docta, ou o que coñecemos como "música clásica"
Hai grandes exemplos no mundo do canto lírico, como foi a soprano María Callas. Aquí podédela ver cantando a aria "O mio babbino caro" da ópera "Gianni Schicchi", de Giacomo Puccini e Giovacchino Forzano:
jueves, 16 de enero de 2025
Tarefa 3ºESO venres 17 de xaneiro
E tamén buscar en internet imaxes ou gráficos que che axuden
Recorda que no teu esquema debes diferenciar os 4 sistemas: respiratorio, fonador, resoador e articulatorio
Indica os elementos principais de cada sistema dos que falamos en clase.
Xúntate co teu grupo de canto nun ordenado e creade 1 debuxo por grupo en equipo, que sexa feito entre tod@s.
lunes, 13 de enero de 2025
As cordas vocais
Como xa vimos, a nosa voz orixínase nese marabilloso instrumento musical co que nacemos e que se atopa na nosa larinxe: as cordas vocais. Ímolas coñecer un pouco máis a través destes vídeos:
A Capella
O canto a capella é un xeito de cantar sen acompañamento instrumental, e ten moita relación co que xa vimos do beatboxins, de feito moitas veces ambas disciplinas actúan xuntas. Neste caso, xeralmente son varios cantantes os que a interpretan, resultando nunha polifonía coral, con moita técnica vocal implicada.
As súas orixes remóntanse á época antiga e tense posto "de moda" nas últimas décadas debido ó auxe dos grupos a capela no ámbito dos campus estadounidenses e por todo o mundo. Unha das películas musicais que o popularizou foi a saga de Pitch Perfect ("Dando la nota", en España) como no seguinte vídeo:
Beatboxing
O beatboxing é un estilo de canto que crea percusións vocais e intenta imitar instrumentos musicais ou calquera tipo de son. É asombroso ver como as persoas que o practican poden chegar a crear varias voces á vez, e como as posibilidades do noso aparello fonador son incribles.
Aquí tendes a Dava, un rapaz de Vigo subcampión de Loopstation na Spanish Beatbox Battle, facendo un solo de beatboxing:
miércoles, 8 de enero de 2025
Tarefa 1º BACH xoves 9 de xaneiro
Rapaces, empezamos a parte de canto da nosa materia, e aquí vos deixo os enlaces para ler hoxe:
Cantamos con todo o corpo!: anatomía e fisioloxía básicas do canto
A cantar!: respiracións e quecementos vocais
Despois de lelos recordade que con esta información e outra que poidades atopar en rede debedes crear o voso debuxo ou esquema básico da anatomía corporal implicada no canto, desfrutade e adiante!