domingo, 13 de diciembre de 2015

Cantamos con todo o corpo!



Cantar, falar, rir... nacemos cun fermoso instrumento musical dentro de nós, unha incrible ferramenta de comunicación que ás veces non valoramos o suficiente.

Nas aulas de Música imos aprender como funciona a nosa voz, e como coidala o mellor posible, e para iso, recorda sempre, antes de cantar, 3 pasos imprescindibles:


                 Quecemento

                               Relaxación

                                               Respiración


Para poder cantar, todo o noso corpo se pon en acción. Pode semellar que a voz só depende da gorxa ou das cordas vocais, pero non é así. Na emisión da voz implícanse 4 sistemas:





 

-Sistema respiratorio







Neste gráfico podedes ver o conxunto de órganos e estruturas que interveñen no proceso vital da respiración, cando inhalamos e exhalamos aire.







-Sistema fonador






Co sistema fonador referímonos o conxunto de órganos e estruturas que interveñen no proceso da produción da voz. Aquí é onde se crean os sons da nosa fala e canto, é onde se atopa o noso instrumento musical único e instransferible.






-Sistema resoador
 









E calquera instrumento musical necesita unha caixa de resoancia, algo que amplifique o seu son, aí interveñen os resoadores naturais da nosa voz, os ocos que existen na nosa parte superior do corpo, gorxa e cabeza, e axudan a amplificar as cordas vocais.













-Sistema articulatorio







E por último, para que se nos entenda cando falamos ou cantamos, necesitamos uns articuladores, unhas partes anatómicas que poidamos mover ó noso antollo para crear os sons que desexamos. Só tes que pensar que é o que pasa coa túa voz cando temos a lingua durmida (por exemplo no dentista), ou cando nos doe a mandíbula e non a podemos mover ben. Verdade que non conseguimos vocalizar ben as palabras?, de aí a importante función do sistema articulatorio.



    Como podedes comprobar, moitos destes músculos, órganos e partes do noso corpo cumplen múltiples funcións na emisión da voz, pero é que ademais está demostrado que a voz está íntimamente relacionada coas nosas emocións, estado anímico, saúde... unha relación directa co noso cerebro e co noso corpo na súa totalidade.

Pero antes de profundizar máis en todo isto, imos xa coa parte práctica. Para empezar, ímonos centrar na respiración e nunha parte da nosa anatomía chamada diafragma, un tecido músculo-tendinoso que separa a cavidade torácica da abdominal.

 
Practicamos a respirar enviando o ar ó ventre, á zona do abdome, facendo que este saíse para fóra; logo enviamos o ar ó tórax, á zona dos pulmóns, expandindo as costelas; e por último á zona superior, das clavículas. Sempre colocando as mans sobre cada unha das zonas para notalo ben.



Estas respiracións chámanse 1) diafragmática, abdominal ou baixa; 2) torácica ou media; e 3) clavicular ou alta. Pois ben, a que máis nos interesa para o canto vai ser unha unión da diafragmática e a abdominal, a chamada respiración costal-abdominal ou completa.


Para conseguir este tipo de respiración practicaremos a inspirar lentamente, relaxando a zona do ventre para que se inche, ó tempo que abrimos as costelas e o peito. Cando xa non podas meter máis ar dentro, aguanta un segundo, e logo exhala, lentamente, sentindo como te baleiras e te relaxas á vez.


Este tipo de respiración é incrible tamén para relaxarse, e úsase en moitas técnicas de relaxación e concentración. Vaiche axudar moito deitarte sobre unha colchoneta ou na cama para poder inhalar ben e abrir máis o abdome e tórax. 

Un truco para sentir como podemos contraer o ventre, é tusir ou rir poñendo as mans no abdome, verás como o notas claramente. Ese é o efecto que necesitamos controlar para ampliar a nosas capacidade respiratoria. De feito, o hipo débese ás contraccións involuntarias do diafragma.

Neste vídeo podes ver dun modo moi claro como é o diafragma e como funciona:



No hay comentarios:

Publicar un comentario