Co intenso traballo da rapazada nos obradoiros de canto deste curso no IES Fontexería de Muros, levamos a cabo a grabación deste tema musical para celebrar o 8M, disfrutádeo!
domingo, 8 de marzo de 2026
lunes, 23 de febrero de 2026
Día de Rosalía
miércoles, 26 de noviembre de 2025
viernes, 14 de marzo de 2025
Raíñas e guerreiras!
Aquí está a versión que fixo o alumnado de 1ºde Bacharelato de Linguaxe e Práctica Musical do IES de Valga, do tema musical "Reinas" de Ruth Lorenzo e Tanxugueiras, con motivo do Día Internacional da Muller, o 8M.
"Raíñas" fala das mulleres e da súa forza, das nais, guerreiras e loitadoras, das que non teñen medo de mostrarse e que levan desde tempos ancestrais aturando que as calen. É tempo de alzar a voz e berrar!
domingo, 16 de febrero de 2025
VocalRemover, crea os teus propios karaokes!
Quen non se puxo algunha vez karaokes de youtube para cantar as súas cancións favoritas?, o malo é que ás veces non atopamos algúns temas e devecemos por cantalos...
Pero coa ferramenta online e gratuíta de IA, VocalRemover , podedes sacar as voces de calquera canción que queirades!
Premede no enlace ou na imaxe e probádeo!
domingo, 19 de enero de 2025
Cantando ópera!
Enténdese canto lírico coma o conxunto de técnicas vocais empregadas para cantar o repertorio de música docta, ou o que coñecemos como "música clásica"
Hai grandes exemplos no mundo do canto lírico, como foi a soprano María Callas. Aquí podédela ver cantando a aria "O mio babbino caro" da ópera "Gianni Schicchi", de Giacomo Puccini e Giovacchino Forzano:
lunes, 13 de enero de 2025
As cordas vocais
Como xa vimos, a nosa voz orixínase nese marabilloso instrumento musical co que nacemos e que se atopa na nosa larinxe: as cordas vocais. Ímolas coñecer un pouco máis a través destes vídeos:
A Capella
O canto a capella é un xeito de cantar sen acompañamento instrumental, e ten moita relación co que xa vimos do beatboxins, de feito moitas veces ambas disciplinas actúan xuntas. Neste caso, xeralmente son varios cantantes os que a interpretan, resultando nunha polifonía coral, con moita técnica vocal implicada.
As súas orixes remóntanse á época antiga e tense posto "de moda" nas últimas décadas debido ó auxe dos grupos a capela no ámbito dos campus estadounidenses e por todo o mundo. Unha das películas musicais que o popularizou foi a saga de Pitch Perfect ("Dando la nota", en España) como no seguinte vídeo:
Beatboxing
O beatboxing é un estilo de canto que crea percusións vocais e intenta imitar instrumentos musicais ou calquera tipo de son. É asombroso ver como as persoas que o practican poden chegar a crear varias voces á vez, e como as posibilidades do noso aparello fonador son incribles.
Aquí tendes a Dava, un rapaz de Vigo subcampión de Loopstation na Spanish Beatbox Battle, facendo un solo de beatboxing:
domingo, 28 de enero de 2024
A cantar!: respiracións e quecementos vocais
Non é sinxelo ás veces atopar a nosa voz ou conseguir sentirse a gusto cantando, pero a satisfacción que obtemos expresándonos a través do canto é inigualable.
Na aula xa practicamos como diferenciar distintas respiracións, enviando o ar á parte alta, media ou inferior dos pulmóns, agora ímonos centrar en 3 tipos de respiracións que nos poden axudar a cantar e tamén a relaxarnos:
- Respiración abdominal
- Respiración completa
- Respiración dobre





