Mostrando entradas con la etiqueta Bollywood. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bollywood. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de mayo de 2026

A cultura hindú no Bollywood

 Como xa vimos, este divertido estilo de baile chamado Bollywood, igual que a industria cinematográfica con idioma hindi e sede en Mumbai no que naceu, ten unhas características moi especiais e diferentes da nosa propia cultura ou danzas tradicionais.



Ademais, este estilo de danza incorpora aspectos propios da cultura hindú, máis alá do vestiario. Un destes elementos son os Mudras

Os Mudras ou Hastas son xestos ou posicións que se fan coas mans nas danzas clásicas da India, acompañan os movementos do baile para transmitir emocións ou contar historias. A súa orixe está tamén na práctica do ioga e a meditación, onde axudan a canalizar a enerxía, concentrarse, entrar en estados espirituais ou de conexión...

Pensade que as danzas Bollywood teñen un compoñente narrativo importante, non só se baila por placer, senón que moitas veces se conta unha historia, ou son unha peza fundamental do filme e do seu argumento.



viernes, 17 de junio de 2016

Bllywood fusión!

Outra nova vídeo-creación! 
Este baile creado por Leticia Antelo García, Iria Rosende Rodríguez e Andrea Cebreiro García de 4ºESO, xunto con Tamara Gesto López de 3º, e coa axuda de María Lagares Romay de 4º.
As cancións son "Des Ranguila" de Fanoa, e "Water Wet" de Plane Jaymes, con elas crean unha creativa fusión do estilo Bollywood e baile moderno.


miércoles, 9 de marzo de 2016

Chanmak Challo!

E chegou o Bollywood!,

ese baile metade inventado, metade fusionado coas danzas tradicionais da India e con elementos pop, 


relacionado coa industria cinematográfica con maior produción do planeta, en hindi, e afincada en Mumbai.

domingo, 17 de noviembre de 2013

Bollywood!

       O grupo de 1ºBACH atreveuse cunha coreografía de Bollywood, (coa canción "Chanmak Challo", de Akon, da BSO do filme Ra One) que representaron con tódolos seus detalles, incluídas a transformación de vestiario. 



¡Aquí está o grupo completo listo para a acción, cos seus bindis, saris e sorrisos!