Como xa vimos, este divertido estilo de baile chamado Bollywood, igual que a industria cinematográfica con idioma hindi e sede en Mumbai no que naceu, ten unhas características moi especiais e diferentes da nosa propia cultura ou danzas tradicionais.
Os Mudras ou Hastas son xestos ou posicións que se fan coas mans nas danzas clásicas da India, acompañan os movementos do baile para transmitir emocións ou contar historias. A súa orixe está tamén na práctica do ioga e a meditación, onde axudan a canalizar a enerxía, concentrarse, entrar en estados espirituais ou de conexión...
Pero que acontece con todos estes roles tan marcados nestas historias?, as protagonistas femininas e masculinos están atrapad@s nuns esquemas ríxidos dos que paren non poder saír, os roles de xénero e o machismo e sexismo no Bollywood, que transcenden as historias e son reais tamén nos sets, están empezando a ser denunciados e expostos con pezas audiovisuais e protestas. Un bo exemplo, tratado desde o humor e incorporando a danza, é "The Bollywood diva song", protagonizado pola actriz e directora hindú Kagana Ranaut e o grupo cómico All India Bachod. Con el denuncian o problema sistémico de discriminación que hai no cine de Bollywood.


No hay comentarios:
Publicar un comentario