Mostrando entradas con la etiqueta sonigrama. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sonigrama. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de mayo de 2016

Novo sonigrama!

Un novo texto para o sonigrama 118!
A autoría é de Helena Galbán Rodríguez, Fernanda Fuentes Gonzaba, Brais López Fernández, Lorena Porto Álvarez e Uxía Paradela Mosquera, alumnado de 2º da ESO A do CPI Cruz do Sar, en Bergondo.

Aquí o podedes ler:

XA NON VOLVEU MÁIS

Érase unha vez unha feira:
Había moitísima xente, música de fondo, carriños de azucre, “perritos” quentes, globos...Despois de camiñar un pouco encontramos un carrusel con cabalos de madeira, nel estaban uns nenos chorando, pero en canto os cabalos rinchaban eles rían felices. De súpeto os cabalos cobraron vida e lentáronse do carrusel, correndo despavoridos! Os nenos ían enriba deles: levábannos a un paradeiro descoñecido...Todo isto non é un conto, senón que aconteceu de verdade. Seino porque Xoán, o meu irmanciño, xa non volveu con nós nunca máis.



E no seguinte enlace podedes escoitar o sonigrama lido pola presentadora do Diario Cultural, no últimos 5 min do programa:

viernes, 5 de febrero de 2016

O valor do esforzo

Desta volta non puido ser rapaces, o noso texto para o sonigrama 114 non gañou o certame do Diario Cultural...pero non vos desanimedes! 

O fracaso é parte da vida, tan importante coma os triunfos, e del pódese aprender un montón. Admitir os fracasos e saber encaixalos ben é a maior das sabedorías, unha aprendizaxe para a vida. Se sabemos aprender deles, continuaremos no noso camiño coas forzas redobradas, co ánimo fortalecido, aprendendo a poñelos na súa xusta medida e a seguir camiñando.

martes, 26 de enero de 2016

Texto para o sonigrama 114


Alumnado de 2ºESOB participa no concurso do sonigrama 114, do programa de radio Diario Cultural, coa seguinte proposta:


"A invasión dos meus soños

Despois dun longo día empecei a notar algo de sono. Rex facía todo o posible para que non me durmise, mais...De súpeto, chegou unha nave alieníxena!, e eu tiña, misteriosamente, un sable láser na man. Abriuse a porta e decateime de que se levaran a Rex, así que decidín entrar...pero víronme os robots e empezaron a atacarme! Por sorte, liquidei un molesto robot, e oín a Rex queixándose. Alcei a vista, alí estaba o meu can, metido nun caldeiro!: lanceime cara a eles enfurecido e...soou o espertador. Tiña a Rex enriba miña, estaba ben: todo fora un soño."



Podedes escoitar aquí o sonigrama, nos últimos minutos do audio:

E a lectura de Ana Romaní, a presentadora do programa, dos noso texto "A invasión dos meus soños":
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-29-01-2016-1773858
Moita sorte rapaces!

sábado, 25 de febrero de 2012

¡@s autor@s do Sonigrama 35 gañador!

Alumnado do grupo 4º ESO E/C
            El@s son: David Díaz, Noelia Novo, José Carballeira, Rocío Carreiras, Sonia Fernández, Jéssica Gacio, Tomás Lozano, Katia Prado, Estefanía Rodríguez, Andrea Román, Ana Sousa e Rocío Vázquez. 
       Como premio recibirán do programa Diario Cultural un lote de libros, noraboa!

lunes, 20 de febrero de 2012

¡4º da ESO E e C gaña o concurso do Sonigrama 35!!

             O alumando dos grupos 4º da ESO C e E da optativa de Música gañan o concurso semanal dos Sonigramas que convoca o programa Diario Cultural. 

        A semana pasada, este grupo creou e gravou o seu relato para o Sonigrama nº 35, e o pasado venres 17 anunciouse que eran os gañadores, parabén para tod@s!
           


                 Podedes escoitar o sonigrama no facebook do programa, aberto a tódolos usuarios:
           http://gl-es.facebook.com/diariocultural


           Ou podedes descargar o programa do día 17 do 2, na páxina da Radio Galega:
          http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/diario-cultural

jueves, 16 de febrero de 2012

4º ESO E e C participa no Sonigrama 35

               O programa da Radio Galega, o Diario Cultural, leva xa moito tempo convocando, semanalmente, o concurso dos Sonigramas: fragmentos sonoros ós que lles hai que poñer palabras.





              Esta semana, o alumnado do grupo de 4º da ESO (E e C), como actividade dentro da optativa de música, crearon e gravaron un relato colectivo para o Sonigrama 35. Onte emitiuse pola radio, podedes consultalo no enlace dos podcast da RG: