Mostrando entradas con la etiqueta Bailas?. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bailas?. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de mayo de 2026

A cultura hindú no Bollywood

 Como xa vimos, este divertido estilo de baile chamado Bollywood, igual que a industria cinematográfica con idioma hindi e sede en Mumbai no que naceu, ten unhas características moi especiais e diferentes da nosa propia cultura ou danzas tradicionais.



Ademais, este estilo de danza incorpora aspectos propios da cultura hindú, máis alá do vestiario. Un destes elementos son os Mudras

Os Mudras ou Hastas son xestos ou posicións que se fan coas mans nas danzas clásicas da India, acompañan os movementos do baile para transmitir emocións ou contar historias. A súa orixe está tamén na práctica do ioga e a meditación, onde axudan a canalizar a enerxía, concentrarse, entrar en estados espirituais ou de conexión...

Pensade que as danzas Bollywood teñen un compoñente narrativo importante, non só se baila por placer, senón que moitas veces se conta unha historia, ou son unha peza fundamental do filme e do seu argumento.



miércoles, 14 de febrero de 2024

Empezamos a Historia da Danza: a Prehistoria

 O movemento e a expresión corporal, igual que a música, especialmente a percusión, son tan antigos e primixenios que con toda probabilidade existiron desde que o ser humano percorreu este planeta, e seguramente xa antes, na nosa fase previa de Homo Sapiens e homínidos. O baile é algo inherente á propia vida, non hai máis que ver as danzas de apareamento que empregan diversas especies para atraer ás súas parellas. Expresamos e sentimos a través del, movemos as emocións e transmitímolas cando as palabras non abondan.

Pintura rupestre Los danzantes de Cogul, 
Roca dels Moros (Cataluña), 7000 a.C.
 As pinturas rupestres atopadas en grutas e covas mostran escenas de danzas rituais relacionadas coa caza, a fertilidade...os ciclos da vida e da natureza. Non temos vídeos como agora, pero podemos tentar imaxinar ese mundo, esa realidade no que a vida en pleno contacto coa natureza, os elementos naturais, os perigos e as inclemencias do tempo eran constantes. A procura da comida, o lume, as tormentas que caían sobre fogares moito menos resistentes ca os nosos, as enfermidades e a morte que se levaban ós membros da tribo sen solución... Imaxinade un mundo sen electricidade, sen hospitais nin médicos, un mundo completamente escuro polas noites excepto pola existencia dun elemento fundamental: o lume. 




viernes, 19 de mayo de 2017

Thriller!!

Xa está aquí a representación de Thriller 
do alumnado de 4ºB da optativa de Música! 

Non volo perdades, estes zombies teñen moito ritmo!

viernes, 21 de abril de 2017

O traxe tradicional para o baile galego

En 2º estamos empezando co baile galego, e para a actuación final viaxaremos no tempo e buscaremos un vestiario especial. Igual que a danza tradicional é diversa e diferente en cada zona de Galicia, tamén o son as prendas! Velaquí algunhas ideas para que vos poidades inspirar:

Para empezar, nesta wikispace podedes consultar un montón de información:


miércoles, 19 de abril de 2017

O vestiario no Renacemento 2

De novo estamos practicando o noso baile renacentista, Rostiboli Giogioso, coa súa bassa danza, piva e quadernario (recordade, compases de 6/4, 2/4 e 4/4) E agora toca caracterizarse completamente da época cun vestiario imaxinativo e orixinal.


Cadro do pintor holandés Pieter Brueghel, século XVI,
representando danzas populares

Xa sabedes que tedes que crear un personaxe, pensar na clase social á que pertence e logo intentar recrear as prendas que levaría durante este período dos séculos XV e XVI. Tedes moitas opcións: campesiños, artesáns, nobres, realeza,clero...








martes, 12 de abril de 2016

Dytto!

Esta incrible bailarina e coreógrafa de dance nacida en Miami, Florida, de tan só 18 anos, crea bailes que che deixarán abraiad@!
Mira esta coreo presentada no "World of Dance" 2015, cunha versión dance da canción Barbie Girl de Aqua


miércoles, 9 de marzo de 2016

Chanmak Challo!

E chegou o Bollywood!,

ese baile metade inventado, metade fusionado coas danzas tradicionais da India e con elementos pop, 


relacionado coa industria cinematográfica con maior produción do planeta, en hindi, e afincada en Mumbai.

domingo, 15 de noviembre de 2015

Les Twins!

Incrible!

Estes dous xemelgos, Laurent e Larry Bourgeois, revolucionan o mundo da danza cos seus movementos imposible, fluídos e dunha naturalidade sorprendente! 


De orixe francesa, nacidos en Sarcelles no 88, nunca tiveron un entrenamento formal de baile, senón que aprenderon observando a outros breakers nas rúas do seu barrio. Crearon un estilo único: o Hip-hop New Style, unha mestura de popping, breakdance, dubstep e unha alta dose de interpretación con humor incluído.

Non vos perdades a súa actuación no Campionato Mundial de Danza, o World Dance do 2014:


Se queredes consultar máis información sobre Les Twins, podedes acceder ás súa páxina oficial no seguinte enlace:

jueves, 8 de octubre de 2015

A vestimenta para o baile renacentista: Rostiboli Giogioso


Viaxemos no tempo!, e para iso compre disfrazarse!
A mellor maneira de coñecer a vestimenta da época renacentista é botar unha ollada ós cadros e pinturas daquel entón, así como as ilustracións dos manuais de danza, que como xa sabedes naceron no Renacemento.