¡Hoxe, no IES de Viós, vivimos unha xornada especial de Entroido! Os rapaces esmeráronse coa decoración das aulas, cos disfraces, e coas comparsas imaxinativas e tremendas que montaron. Coa colaboración de todo o centro creamos un día que ficará na nosa memoria.
Para a semana teremos a montaxe de vídeo, pero polo de agora premede na imaxe para ver máis fotos de todo o que aconteceu.
Despois destas datas cheas de celebracións e festexos, xa están aquí os vídeos resumo e as fotografías do Xoves de Comadres e as actividades organizadas desde CPI Laureano Prieto, e tamén as imaxes do venres e o desfile de Disfraces!
Grupo de 2º ESO - CPI Laureano Prieto - Curso 2010-2011
Pasou xa un ano pero hoxe volvemos a recordalo: no curso anterior, un grupo de rapaces de 2º da ESO do CPI Laureano Prieto (A Gudiña) lanzábase á aventura creativa de inventar coplas populares de entroido. Este ano, outro grupo de rapaces de 2º da ESO do IES Santiago Basanta Silva comeza o reto de crear as súas propias letras de canción pop-rock, algúns deles incluso completarán o proceso coa gravación dos temas musicais. Os dous procesos, distanciados no tempo, teñen moita semellanza, e a creatividade nace tamén a partir da aprendizaxe sobre experiencias anteriores. Ó final desta entrada fica o enlace para poder ler e descargar as letras que xurdiron na Gudiña. Pronto teredes tamén as cancións rematadas deste curso.