Mostrando entradas con la etiqueta 2ºESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2ºESO. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de mayo de 2016

Novo sonigrama!

Un novo texto para o sonigrama 118!
A autoría é de Helena Galbán Rodríguez, Fernanda Fuentes Gonzaba, Brais López Fernández, Lorena Porto Álvarez e Uxía Paradela Mosquera, alumnado de 2º da ESO A do CPI Cruz do Sar, en Bergondo.

Aquí o podedes ler:

XA NON VOLVEU MÁIS

Érase unha vez unha feira:
Había moitísima xente, música de fondo, carriños de azucre, “perritos” quentes, globos...Despois de camiñar un pouco encontramos un carrusel con cabalos de madeira, nel estaban uns nenos chorando, pero en canto os cabalos rinchaban eles rían felices. De súpeto os cabalos cobraron vida e lentáronse do carrusel, correndo despavoridos! Os nenos ían enriba deles: levábannos a un paradeiro descoñecido...Todo isto non é un conto, senón que aconteceu de verdade. Seino porque Xoán, o meu irmanciño, xa non volveu con nós nunca máis.



E no seguinte enlace podedes escoitar o sonigrama lido pola presentadora do Diario Cultural, no últimos 5 min do programa:

viernes, 12 de febrero de 2016

Excursión a Santiago!




Este chuvioso venres 12 de febreiro o alumnado de 2ºESO A e B foron a Santiago!


Desfrutamos dun concerto no Auditorio de Galicia, coa Filharmonía de Santiago acompañada do alumnado do Conservatorio. Interpretaron a Sinfonía nº5 de Franz Schubert.

viernes, 5 de febrero de 2016

O valor do esforzo

Desta volta non puido ser rapaces, o noso texto para o sonigrama 114 non gañou o certame do Diario Cultural...pero non vos desanimedes! 

O fracaso é parte da vida, tan importante coma os triunfos, e del pódese aprender un montón. Admitir os fracasos e saber encaixalos ben é a maior das sabedorías, unha aprendizaxe para a vida. Se sabemos aprender deles, continuaremos no noso camiño coas forzas redobradas, co ánimo fortalecido, aprendendo a poñelos na súa xusta medida e a seguir camiñando.

lunes, 1 de febrero de 2016

Imos ó Auditorio de Galicia!

O vindeiro 12 de febreiro, o alumnado de 2ºESO do CPI Cruz do Sar acudirá ó Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a desfrutar dun concerto: a sinfonía nº5 de Franz Schubert. Despois, visitarán a Catedral de Santiago e farán unha visita ás súas cubertas.

O concerto estará interpretado pola Real Filharmonía de Galicia e por alumnado do Conservatorio de Música de Santiago. Alí poderedes ver os instrumentos e seccións que compoñen unha orquestra clásica. Sabes cales son? 

Se premes na seguinte imaxe, accederás a un xogo no que terás que colocar os instrumentos no seu lugar:




O director do concerto será Diego García, aquí o tedes nun ensaio:





Schubert dando un dos seus recitais de lieder, composicións 
para voz e piano 
A obra, o concerto nº5 en Si bemol Maior foi composta a principios do século XIX por Franz Schubert, compositor austríaco, considerado o último gran representante do Clasicismo, que levaran ó seu esplendor compositores como Haydn ou Mozart (caracterizado pola procura do equilibrio e a proporción, a beleza harmónica, as estruturas claras e simétricas...); pero ó mesmo tempo iniciador do Romanticismo (no que impera a subxectividade, as melodías apaixonadas, intensa expresión de sentimentos, fortes contrastes...).

-> Escoitade con atención a sinfonía o vindeiro venres e pensade a cal corrente estética se achega máis: ó Clasicismo ou ó Romanticismo..?

martes, 26 de enero de 2016

Texto para o sonigrama 114


Alumnado de 2ºESOB participa no concurso do sonigrama 114, do programa de radio Diario Cultural, coa seguinte proposta:


"A invasión dos meus soños

Despois dun longo día empecei a notar algo de sono. Rex facía todo o posible para que non me durmise, mais...De súpeto, chegou unha nave alieníxena!, e eu tiña, misteriosamente, un sable láser na man. Abriuse a porta e decateime de que se levaran a Rex, así que decidín entrar...pero víronme os robots e empezaron a atacarme! Por sorte, liquidei un molesto robot, e oín a Rex queixándose. Alcei a vista, alí estaba o meu can, metido nun caldeiro!: lanceime cara a eles enfurecido e...soou o espertador. Tiña a Rex enriba miña, estaba ben: todo fora un soño."



Podedes escoitar aquí o sonigrama, nos últimos minutos do audio:

E a lectura de Ana Romaní, a presentadora do programa, dos noso texto "A invasión dos meus soños":
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-29-01-2016-1773858
Moita sorte rapaces!

jueves, 12 de noviembre de 2015

Instrumentos reciclados de 2ºESO!

No CPI Cruz do Sar, o alumnado de 2ºESO rematou xa os seus instrumentos creados con materiais reciclados! 
Moi bo traballo rapaces!

Se queredes ver as fotos dos paus de choiva, frautas de pan, timbais e guitarras, xunto cos seus autores e autoras, premede na seguinte imaxe:


jueves, 8 de octubre de 2015

...e máis traxes tradicionais de Grecia!



Aquí tedes novas ideas para o vestiario do baile Menousis, que está practicando 2ºESO e que representaremos para a semana. 

Inspirádevos nas fotografías e usade a creatividade para transformarvos!


viernes, 28 de marzo de 2014

Os Bulebule no CANTALINGUA 2014!!

    Acaban de empezar e xa están dando que falar!! 

      A primeira canción dos Bulebule, o grupo revelación deste curso no Xelmírez II, arrasa na rede: Os sons que nos unen foi recentemente seleccionada para participar no concurso Cantalingua 2014, a carón doutros grupos consagrados do panorama musical galego!!


Parabéns para o grupo e a seguir adiante! Aquí tendes o link para ver a páxina do Cantalingua e escoitar o tema musical:

A Plena Voz xa está en Soundcloud!

   
  Soundcloud, unha plataforma de distribución de audio on-line, será a partir de agora unha nova fiestra para mostrar o voso traballo. 

Velaquí o link para compartir sons e cancións de A Plena Voz:

                           https://soundcloud.com/a-plena-voz 


     E aquí mesmo xa podedes escoitar "Os sons que nos unen"!, o primeiro single dos Bulebule! Este grupo está formado por oito rapaces de 1º de Bacharelato, eles son: Carlos Lema Salvado, Irene Merino Jiménez, Carlos Álvarez Castro,Laura Bouzas Vázquez, Lucía Otero del Río,Pedro Calvo Alboz, Verónica Baleato Castro e Tamara Adrán Naveiro. Na composición desta canción colaboraron tamén Nuria Vilares Fernández e Antía Ferreiro Troiteiro, de 2º da ESO. Aquí tedes o link:

domingo, 23 de marzo de 2014

Novas fotos do Entroido e Excursión ó Auditorio: Imos á Banda!

   
    Temos novas fotos da festa de Entroido!, 

preme no enlace e volve a revivir aquela xornada:
             
https://picasaweb.google.com/108203684039414403749/Entroido2014IESArcebispoXelmirezII

        Ademais, o pasado venres 7 de marzo, o alumnado de 2ºESO acudiu ó Auditorio de Galicia para desfrutar dun novo concerto didáctico: a actuación dos músicos da Banda Municipal de Música de Santiago xuntos cos da Banda Profesional do CMUS.


      Interpretaron obras de R. Talens, A. Reed e J. de Meij. Aquí podedes ver máis imaxes do evento: 
https://picasaweb.google.com/108203684039414403749/ConcertoDidacticoImosABanda_IESArcebispoXelmirezII

martes, 4 de marzo de 2014

Concerning Hobbits

Velaquí podedes ver o tema musical Concerning Hobbits, da BSO The Lord of the Rings, interpretada por frauta traveseira. Toca o tema da frauta orixinal da música do filme e tamén o tema do violín. Fixádevos especialmente no ritmo, silencios e respiracións.


Recordade que a vosa partitura está adaptada para frauta doce (na melodía do violín, hai notas que non podemos interpretar e están subidas ó agudo) e que nesta interpretación hai tamén adornos que non están incluídos na partitura.

jueves, 21 de junio de 2012

Premios de recitado poético-musical


          Hoxe, ás 11:45, celebrouse a entrega de premios de recitado poético na bilioteca do IES Santiago Basanta Silva. Neste acto, @s premiad@s recitaron poemos mentres tres alumnas de 2º ESO (Alicia Debasa, Sabela Roca e Laura Santiso)  acompañaban o recital cunhas pezas de guitarra (Yesterday, My hearth will go on)

    Neste enlace podedes ver máis imaxes do evento:

lunes, 4 de junio de 2012

O Encontro nos medios

Diario de Ferrol-2012-05-25-009-7f2d1c07



         E continuamos a voltas co Encontro!

     O Diario de Ferrol recolleu a nova do concerto Inter-centros e podedes consultala no seguinte enlace:
       

lunes, 28 de mayo de 2012

Actuación no I Encontro de Narón

@s músic@s á porta do Pazo da Cultura, en Narón

¡E fíxose posible!

¡Gran éxito!: os rapaces e rapazas de 2ºD, 3ºC, e o Coro, viaxaron o xoves 24 a Narón para participar no 
I Encontro de alumnado de Música da ESO e BAC de Galicia
baixo o lema deste ano:
"Música e cine"


Alí interpretaron os seus temas: "I'm a Believer" (BSO Shrek) e "He's a Pirate" (BSO Piratas do Caribe), con placas, frautas, persusión, voces e piano.

lunes, 21 de mayo de 2012

I ENCONTRO DE ALUMNOS DE MÚSICA DE SECUNDARIA E BACHARELATO DE GALICIA






             Este xoves 24 de Maio celebrarase o 1º Encontro de Alumnado de Música da ESO e Bac de Galicia, no Pazo da Cultura de Narón. Comezará ás 11 horas e participarán centros chegados de toda Galicia, entre eles o IES Santiago Basanta Silva de Vilalba. 
               
             O tema desta convocatoria é a Música e o cine, e as cancións coas que actuarás os rapaces do Basanta Silva serán "I'm a Believer" (BSO Shrek) no caso de 2º ESO D, e "He's a Pirate"(BSO Piratas do Caribe) o grupo de 3º ESO C. O alumnado do Coro Escolar tamén participará acompañando o tema de Shrek.

              A noticia xa apareceu nalgúns medios, coma no Diario de Ferrol, aquí tedes o enlace onde a podedes consultar:
            E podedes seguir o evento en Facebook:
Encontro no Facebook 
  

sábado, 5 de mayo de 2012

jueves, 8 de marzo de 2012

I'm a Believer!

            
     O Coro empeza cunha nova canción. 

        Mentres continúan os ensaios de "Jueves", de La Oreja de Van Gogh, ímoslle collendo o ritmo a "I'm a Believer" 

          Este tema compúxose para o grupo The Monkeys (1966), e fai uns anos, Smash Mouth fixo unha nova versión. Esta colleu sona pola súa aparición na BSO do filme Shrek.

                   Tamén en 2º da ESO comezan os ensaios para interpretar un arranxo deste tema musical, no que intervirán frautas, xilófonos, metalófonos, percusión...ademais das voces.

domingo, 4 de marzo de 2012

Coplas de Entroido 2011

Grupo de 2º ESO - CPI Laureano Prieto - Curso 2010-2011

            Pasou xa un ano pero hoxe volvemos a recordalo: no curso anterior, un grupo de rapaces de 2º da ESO do CPI Laureano Prieto (A Gudiña) lanzábase á aventura creativa de inventar coplas populares de entroido. 
            Este ano, outro grupo de rapaces de 2º da ESO do IES Santiago Basanta Silva comeza o reto de crear as súas propias letras de canción pop-rock, algúns deles incluso completarán o proceso coa gravación dos temas musicais.
          Os dous procesos, distanciados no tempo, teñen moita semellanza, e a creatividade nace tamén a partir da aprendizaxe sobre experiencias anteriores. Ó final desta entrada fica o enlace para poder ler e descargar as letras que xurdiron na Gudiña. Pronto teredes tamén as cancións rematadas deste curso.