Mostrando entradas con la etiqueta emocionARTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emocionARTE. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de octubre de 2024

Música con valores

 Estes días estamos escoitando ó principio de clase unha selección de temas musicais elexida polo alumnado da optativa de 1ºBacharelato. Aquí as tedes, con mensaxes tan necesarias nestes tempos terribles como tratar ós demais como nos gustaría que nos tratasen a nós. Recordémolo e gardémolo no corazón, escoitémolas con todo o noso ser.



martes, 31 de julio de 2018

Curtas con emoción

As curtametraxes son poderosas, concentran en pouco tempo unha fervenza de sensacións, de historias con xiros inesperados, de píldoras concentradas que nos deixan pouso.


En El Blog que te hará pensar, do profesor Pablo Gómez, atopamos esta completa recopilación de curtas para traballar valores:



Como fago co estrés??

Moitas veces nos sentimos nerviosos ou ansiosos e non sabemos como saír dese estado, como minimizalo e relaxarnos. 


No blog de Eva muerde la manzana, a autora danos claves moi prácticas para poder reducir o estrés:


Cal é o teu truco?, que che funciona para tranquilizarte cando te notas axitado?

miércoles, 1 de febrero de 2017

Querer es poder!

Así se chama o libro de Aitor Francenesa "Gallo", o surfista vasco que conseguiu quedar 1º nos Campionatos do Mundo de Surf Adaptado organizados pola ISA. Aitor é invidente, pero iso non impediu que alcanzara o seu soño: 
facer o que máis ama na vida.




Non vos perdades este vídeo, 
¡emociona, si!, 
porque cando vemos xente superando verdadeiras dificultades e ser felices, fainos cuestionar as nosas queixas e os nosos supostos problemas. 
¿Onde están os límites?, semella que os poñemos nós coa nosa cabeza, porque exemplos como o de Aitor ensínannos que todo é posible, sempre que nos esforcemos 
e amemos de verdade o que facemos.


E un documental sobre Aitor, "Jinete Azul"




lunes, 19 de diciembre de 2016

miércoles, 14 de diciembre de 2016

José Mújica

José Mújica, ex-presidente de Uruguai, sempre deu exemplo do que di coa súa propia vida. 
Estamos tan afeit@s a escoitar discursos baleiros e falsos, que cando aparece alguén como Mújica non podemos máis que sacarnos o sombreiro. 
Porque se atreve a dicir as cousas claras. 
Rapaces, só temos un planeta, mirade o que facemos con el:

domingo, 20 de noviembre de 2016

Todo o que fai falta é forza de vontade!

Abraiante a historia de Mark Goffeney, 
non vos perdades estes vídeos. 

Moitas veces queixámonos e poñemos escusas para xustificar que non imos detrás dos nosos soños, e pasamos a vida así. 
Pero cando xente como Mark se cruza nos nosos camiños aprendemos que con forza de vontade podemos conseguir o que nos propoñamos!

lunes, 23 de noviembre de 2015

EmocionARTE: rapear para superar o Bullyng

Dous rapaces ensínannos como a música pode ser un medio de superación persoal. 

O acoso escolar, unha experiencia terrible, pode facer que nos afundamos no pozo máis escuro, e aí está a música para sacarnos de aí e axudarnos a volver a respirar.
Escoitádeos!, son incribles