Xa está aquí o Samaín, a festividade dos mortos, o medo e o truco ou trato!
Un dos catro días intermedios do ano e o punto medio entre o equinocio de setembro e o solsticio de inverno, unha noite máxica que nos permite recordar esa outra realidade dos "non vivos", que ás veces está esquecida.
Velaquí algunhas das audicións que estamos a escoitar estes días, coma sempre empezamos as aulas sentindo, facendo unha pausa para respirar e mirar adentro, para desconectar das présas da xornada e situarnos.
Estes días estamos escoitando ó principio de clase unha selección de temas musicais elexida polo alumnado da optativa de 1ºBacharelato. Aquí as tedes, con mensaxes tan necesarias nestes tempos terribles como tratar ós demais como nos gustaría que nos tratasen a nós. Recordémolo e gardémolo no corazón, escoitémolas con todo o noso ser.
Mañá é o Día contra a violencia de xénero, unha lacra que por desgracia existe e está aínda moi presente na nosa sociedade. Cada día, mulleres son maltratadas ou morren a mans de homes que se consideran con dereito a decidir sobre a súa vida e o seu benestar.
Os seus temas, creados entre guitarras, baixo, piano e batería, voces potentes e toques de acordeón, vos sorprenderán polas súas letras, creatividade e estilo único. Non vos perdades:
Zaz, ou Isabelle Geffroy, é unha innovadora artista que fusiona a canción francesa ó estilo Edith Piaf, co gypsy jazz, o blues....Fixádevos na súa peculiar e versátil voz neste "Je veux", interpretado nas rúas de París, e que se volveu viral no 2011:
O Universo cheo de estrelas, planetas, galaxias...
A ansia do ser humano de saber, coñecer...
E a Música, como linguaxe universal, quizais interplanetaria?
Quen sabe, pero o que si é certo é a cantidade de música que se inspira ou ten relación con todo ese mundo sen explorar. Por exemplo a suite "Os Planetas", de Gustav Holst, compositor inglés que compuxo estas 7 pezas (inspiradas nos 7 planetas Marte, Venus, Mercurio, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno) durante os primeiros anos da 1ª Guerra Mundial.
Curiosamente, Holst non se inspirou no significado puramente astronómica, senón astrolóxica: os sentimentos e a influencia de cada planeta sobre nós...
O ser humano pode escoitar sons desde o 19 ou 20 Herzios (sons moi graves) ata os 19.000 ou 20.000 Herzios (sons moi agudos) A partir destes límites falamos de infrasóns ou suprasóns. Nós non podemos percibir este tipo de sons, non os oímos, pero outras especies si, como os cans ou as baleas.