lunes, 13 de enero de 2025

As cordas vocais

 Como xa vimos, a nosa voz orixínase nese marabilloso instrumento musical co que nacemos e que se atopa na nosa larinxe: as cordas vocais. Ímolas coñecer un pouco máis a través destes vídeos:



As cordas vocais ou bucais son un par de pliegues mucosos que se atopan na larinxe, unha zona que podemos notar xusto na parte alta do pescozo. Se tocamos cos dedos suavemente e atopamos unha protuberancia (chamada "noz" nos rapaces pero que tod@s temos) ese é o recubrimento de cartílago que protexe a larinxe, a "casa" das cordas vocais. Estas cordas non son en realidade verdadeiras "cordas", senón pliegues, un a cada lado da cavidad larínxea. Cada pliegue está composto por un ligamento vocal, un músculo vocal e un revestimento de mucosa, que lle da ese aspecto brillante e quizais algo "pegañento" nos vídeos, pero que é tan necesario para que funcionen ben... quizais non sería bo ter uns pliegues secos, imaxinade como soaría a nosa voz!









https://www.cantoconclase.es/el-canto-a-traves-de-los-rayos-x/

No hay comentarios:

Publicar un comentario