Este cordófono que imos construír non é a típica guitarra...pero imitaremos o funcionamento e estrutura deste popular instrumento.
A crear!
1. Caixa de resonancia. O corpo da guitarra, esa caixa oca que ten, é a que permite que o son resoe e se amplifique. E imos imitala xusto con iso: unha caixa.
Buscaremos por casa unha caixa de cartón forte. Se a escollemos de outro material, como o metal, os seguintes pasos requerirán outras ferramentas, así que facilitaremos moito as cousas se a caixa é de cartón.
2. Boca. Así se lle chama ó burato que vemos na tapa harmónica da guitarra, e que permite que o son saia.
Teremos que facer un similar na nosa caixa.
Calcamos un círculo (pensa que teñen que ir seis cordas por riba del) e recortamos coa axuda dunhas tesoiras ou cutter. Este círculo pódelo decorar ou marcar con rotuladores.

3. As cordas. Sen cordas non hai son, e podemos usar un montón de opcións para crealas:
-Fío resistente.
-Gomas elásticas.
-Cordel.
-Fío de nylon ou de pescar, etc.
Imos necesitar seis cordas, e neste caso empregamos gomas elásticas de cores.
Como neste caso optouse por introducir as gomas dentro da caixa e suxeitalas no interior, necesitaremos algo que nos faga de tope para que non se solten, como uns clips. Abrirémolos para que se fagan máis anchos e repartiremos as cordas na superficie deste, atando cada unha moi ben, e deixando o outro extremo solto.
3. A ponte. Para que as cordas soen necesitamos elevalas un pouco, e tamén levalas por uns lugares determinados, e esa será a función da ponte. Neste caso crearemos dúas, a modo de ponte e "cejilla"
Empregaremos cartón, creando rectángulos do mesmo longo e pegando uns sobre os outros con pegamento de barra ou cola, ata conseguir polo menos 1cm ou así de altura.
As últimas capas irán partidas en pequenos anacos para poder crear carrís ou camiños para as cordas, e que así non se mestures nin solapen entre elas.
4. O caravilleiro.
O lugar onde as cordas se suxeitan (as caravillas) e a súa función para afinalas é tamén moi importante.
Neste caso, as cordas irán fixas dentro da caixa, e por iso no paso 3 xa as enganchamos por un lado a un clip. Polo tanto necesitamos furar a caixa: 6 buracos por cada extremo, axudándonos dun punzón ou desparafusador fino.
Realizamos os seis buracos por arriba e por abaixo das pontes que xa creamos, procurando que os furados estean á mesma altura que os seis carrís para as cordas.
Logo imos introducindo por dentro as gomas elásticas, unha por cada buraco.
Se a caixa ten tapa, este é o momento para darlle a volta e que este paso sexa máis sinxelo.
Faremos o mesmo polos buracos da outra ponte, e ataremos o outro extremo das gomas a outro clip ou un par de clips, igual que fixemos antes. Sempre procurando que as gomas queden tensas pero sen chegar a romper, para que soe mellor.
Fixaremos este clip á caixa axudándonos de cinta adhesiva ancha, para que non se mova, e faremos o mesmo no outro extremo.
Deste xeito os dous extremos das cordas quedan fixos e inmóbiles
Por último pegamos toda a caixa ben, axudándonos de celo, decoramos se queremos, e listo!, temos o noso cordófono rematado, a tocar! Escoita como soan as cordas e intenta saber que nota reproducen cada unha.

No futuro poderás crear cordófonos afinables, e para que vexas ata que punto poden chegar a soar ben, aquí che deixo o vídeo da "Orquesta Basura", de México D.F., que construíron ata guitarras eléctricas con lixo do vertedoiro!
https://www.youtube.com/watch?v=7AOnZb7ZlJI
ResponderEliminarMoitas gracias Ukore por enviarnos o enlace do vídeo "Orquesta de Instrumentos Reciclados de Cateura - Paraguay"!, unha experiencia vital incrible da que tod@s debemos aprender.
ResponderEliminar