sábado, 31 de octubre de 2015

Creando instrumentos 3: a frauta de pan

Este aerófono tan vistoso vainos permitir desfrutar de verdadeiras melodías dun modo moi sinxelo. Imos aló!

1. Os tubos
Todo o proceso dependerá do que usemos para crear eses tubos polo que soplaremos. 
Múltiples opcións:

-Rotuladores vellos que xa non pintan
-Palliñas plásticas de refresco
-Cana ou bambú do que medra nas ribeiras e marismas (neste caso tende en conta que hai que deixar secar o bambú uns días e tamén baleiralo por dentro se fai falta, pero aproveitade os nós do interior para cerrar os tubos)


Aquí podedes ver un inicio de frauta de pan con rotuladores vellos, para os cales se recorta a parte que pinta e aprovéitase a parte cerrada (recordade que, cando cortemos os tubos, a parte pola que sopraremos debe estar aberta, pero a inferior debe quedar cerrada)




Porén, neste caso empregarase palliñas das dos refrescos, que son máis facilmente manipulables, e que adoitan estar por casa.

2. As medidas. Temos intención de que a frauta de pan soe afinada, e por iso debemos medir e marcar os tubos en determinadas lonxitudes. 

As notas que emita a frauta van depender do diámetro dos tubos e da súa lonxitude, pero para non complicarnos moito, independentemente do diámetro que teñan seguiremos estas medidas. Deste xeito as frautas irán afinadas na escala Maior e todas soarán ben xuntas. 





     As notas resultantes non se corresponderán necesariamente coas que aparecen debaixo no esquema, pero as porcentaxes que vedes nos tubos si se corresponden coas distancias da escala Maior, calquera que sexa.
     Polo tanto, para as 8 notas da escala, as medidas serán, partindo de 10 cm., e de menor a maior:
   -10 cm.
   -10,6 cm.
   -12 cm.
   -13,3 cm.
   -15 cm.
   -16 cm.
   -17,7 cm.
   -20 cm.

Coa axuda dunha regra e un bolígrafo ou permanente, realizamos as marcas nos tubos e ímolos recortando, procurando que a parte flexible dos tubos desapareza o antes posible! No caso dos tubos longos, reforzamos esa parte con celo para que non se dobren.

Ó tratárense de palliñas e ser moi finas, imos recortar dúas de cada medida, para que sexa máis sinxelo soprar por elas e crear sons.




Taparemos un dos extremos con celo e deixaremos o outro libre.


Como resultado teremos 8 pares de palliñas, todas elas ben taponadas por un extremo. Neste caso vedes que fixemos 9 pares, xa que o tubo meirande medía algo máis de 20 cm. e aproveitámolo para crear unha nova nota.

3. Unir os tubos. 
Como podedes ver buscando en internet, as frautas de pan teñen fermosos deseños, tiras de cores e telas, que unen os tubos. Nós podemos usar un montón de materiais; fío, cordel, tela, etc.


Neste caso faremos un trenzado entre as palliñas cun par de tiras de cartón por un lado e cordel.









Para que este proceso sexa máis sinxelo, podedes unir primeiro os tubos de dous en dous con celo ou pegamento, para despois trenzalos. Sempre ordenados do meirande ó máis pequeno.









Imos trenzando co cordel polos dous lados. A parte "bonita" , sen cartón, debería quedar cara a fóra, polo tanto o tubo máis grande quedaría á vosa dereita.

Trenzaremos primeiro a tira superior, procurando que os tubos queden ben aliñados, e logo a tira inferior, que vai diagonalmente.







 Cando rematemos, atamos ben o cordel, recortamos os extremos das tiras, e unha pinga de cola pode facer que todo quede máis suxeito.



















Deixamos secar ben e....
...xa temos a nosa frauta de pan! Soprando perpendicularmente a cada par de tubos obteremos un son, unha nota. Sabes cal é? Compara co son da túa frauta doce ou dun teclado online, e atopa as notas que conseguiches cos teus tubos. Anota o nome no cartón traseiro da frauta de pan terás a túa escala maior, a tocar!


Aquí tes un teclado online que che pode servir de referencia para atopar as notas da túa frauta de pan:

No hay comentarios:

Publicar un comentario