lunes, 23 de noviembre de 2015

EmocionARTE: rapear para superar o Bullyng

Dous rapaces ensínannos como a música pode ser un medio de superación persoal. 

O acoso escolar, unha experiencia terrible, pode facer que nos afundamos no pozo máis escuro, e aí está a música para sacarnos de aí e axudarnos a volver a respirar.
Escoitádeos!, son incribles

As calidades do son 1


Agudo, grave; forte, débil...sóache? 
Repasamos as calidades do son con este cuestionario:




...ou con este QUIZ:

Linguaxe musical 3

Con "Teachers invaders" trátase de, efectivamente, acabar cos profes! Pero coidado, para conseguilo vas ter que responder preguntas de linguaxe musical. 
Preparado?, a xogar!

A cantar!

What shall we do with the drunken sailor?




Linguaxe musical 2


Papageno e Papagena, os personaxes da ópera "A frauta máxica", de Mozart, explícannos e póñennos exercicios de linguaxe musical, nunha animación moi lograda! 

Descúbreos aquí:



A compoñer!

Si, 
ti tamén podes ser un
compositor/a! 


Crea a túa propia música e escoita como soa co seguinte xogo, fácil e divertido!:



Completar compases

Antes de poder compoñer música é moi importante coñecer os compases e que figuras caben en cada un deles. 
Se premes na seguinte imaxe accederás a un recurso para poder comprobar se xa o dominas. Na parte de arriba, na "i" de información, podes ver o teu progreso.

Adiante!


As notas musicais

Co xogo "Atrapa las notas" practicarás o nome das notas, seguro que xa non se che esquecerán!

Preme na imaxe, elixe o teu nivel e a xogar!




E tamén un Simon musical! 
Usa os teus reflexos para premer nas cores. 
Fíxate como irás reproducindo melodías, pois cada cor soa como unha nota distinta:

Linguaxe musical 1

A música é a linguaxe universal! 


Podemos comunicarnos con xente que fale outros idiomas, de calquera parte do planeta (ou de outros...) porque tod@s compartimos a música. E para iso, nada mellor que aprender ben o abecedario deste código aberto e directo ás emocións: as notas, as figuras e silencios...

a LINGUAXE MUSICAL!


Ademais do que vemos en clase, hai unha chea de recursos en rede para que poidades asentar os vosos coñecementos e practicar divertíndovos! 

Preme na seguinte imaxe, elixe o teu xogo e empeza!


miércoles, 18 de noviembre de 2015

A clasificación das voces

A nosa voz pódese clasificar de moitas maneiras:



   -Dependendo do xénero: a de muller, home, a infantil e a asexual (a que tiñan os chamados castrati)


   -Dependendo da intensidade, o timbre, o estilo, a idade (as voces dos nenos serían voces brancas), etc.


Pero a clasificación que máis nos interesa hoxe é a da tesitura, é dicir, o conxunto de sons ós que se adapta unha voz, os que se poden cantar sen esforzo.

Desta maneira, nos adultos coa voz no seu grao de madurez, atopamos as seguintes voces (de máis agudo a grave):


Mulleres 
Soprano
Mezzosoprano
Contralto



Homes
Tenor
Barítono
Baixo


martes, 17 de noviembre de 2015

Canon "Eu vou"

Con esta canción será moi fácil aprender a cantar a varias voces. Recorda que un canon é unha forma musical polifónica baseada na imitación: unha voz interpreta unha melodía e pouco despois outras voces empezan tamén, sucesivamente, a interpretar esa mesma melodía.

Eu vou,

vou remando vou,

a canoa polo río vai,

o atardecer ardente esperarei.


Este canon ademais é circular: cando chegues ó final tes que volver a empezar, e fusionar a última sílaba coa primeira (convertendo "esperarei" en "esperar-eu")

A cantar!

domingo, 15 de noviembre de 2015

Les Twins!

Incrible!

Estes dous xemelgos, Laurent e Larry Bourgeois, revolucionan o mundo da danza cos seus movementos imposible, fluídos e dunha naturalidade sorprendente! 


De orixe francesa, nacidos en Sarcelles no 88, nunca tiveron un entrenamento formal de baile, senón que aprenderon observando a outros breakers nas rúas do seu barrio. Crearon un estilo único: o Hip-hop New Style, unha mestura de popping, breakdance, dubstep e unha alta dose de interpretación con humor incluído.

Non vos perdades a súa actuación no Campionato Mundial de Danza, o World Dance do 2014:


Se queredes consultar máis información sobre Les Twins, podedes acceder ás súa páxina oficial no seguinte enlace:

Do, Re, Mi...

Queres cantar?, 
pois o primeiro paso será aprender as notas musicais:

Do, Re, Mi, Fa, Sol, La, Si

Na pelicula musical "Sorrisos e bágoas" (no orixinal "The sound of music", dirixida por Robert Wise, 1965, baseada á súa vez nun musical de Broadway), hai unha canción moi sinxela e pegadiza coa que poderás aprender as notas. Escoita o audio da versión inglesa:

E ti?, que tal oes?


O ser humano pode escoitar sons desde o 19 ou 20 Herzios (sons moi graves) ata os 19.000 ou 20.000 Herzios (sons moi agudos) A partir destes límites falamos de infrasóns ou suprasóns. Nós non podemos percibir este tipo de sons, non os oímos, pero outras especies si, como os cans ou as baleas.

jueves, 12 de noviembre de 2015

Instrumentos reciclados de 2ºESO!

No CPI Cruz do Sar, o alumnado de 2ºESO rematou xa os seus instrumentos creados con materiais reciclados! 
Moi bo traballo rapaces!

Se queredes ver as fotos dos paus de choiva, frautas de pan, timbais e guitarras, xunto cos seus autores e autoras, premede na seguinte imaxe: