viernes, 24 de febrero de 2017

¡Que viva o Entroido!

¡Hoxe, no IES de Viós, vivimos unha xornada especial de Entroido! Os rapaces esmeráronse coa decoración das aulas, cos disfraces, e coas comparsas imaxinativas e tremendas que montaron. 
Coa colaboración de todo o centro creamos un día que ficará na nosa memoria. 



Para a semana teremos a montaxe de vídeo, 
pero polo de agora premede na imaxe 
para ver máis fotos de todo o que aconteceu.



¡Feliz Entroido!

viernes, 17 de febrero de 2017

Excursións de Música

Non hai mellor maneira de aprender que a través do contacto co mundo real. Nas saídas escolares respírase doutro xeito, experiméntase o inesperado, obríganche a improvisar, a relacionarte de outra maneira, reforzan os lazos afectivos e crean recordos imperecedeiros.
Así aconteceu nas saídas á Coruña e a Santiago de Compostela.



O mércores 15 fomos co alumnado de 3º e da optativa de música de 4º a desfrutar dun concerto de rock no Palacio da Ópera, onde nos falaron dos instrumentos dunha banda de rock e interpretaron temas emblemáticos da súa historia; seguido dunha interesante visita á Domus, xogando e experimentando coa ciencia para ampliar os nosos coñecementos.



E o xoves 16 o tempo meteorolóxico de Santiago agasallounos cun fermoso día soleado, para explorar a catedral, onde tivemos a sorte de escoitar o órgano, e tamén de perdernos polo seu casco histórico. Por último, os Gallaecia Big Band puxeron en escena un concerto sobre a historia do jazz, cheo de humor e anécdotas, que nos fixo participar e incluso bailar con swing!


miércoles, 15 de febrero de 2017

Intelixencia emocional

Sempre se fala da intelixencia "racional", a que nos permite resolver problemas matemáticos e seguir razoamentos lóxicos. E así, clasificamos á xente como intelixente ou non baseándonos unicamente neste tipo de capacidades. Pero que pasa coas emocións, o movemento, a capacidade de relacionarnos cos demais...¿non son intelixencias tamén?


Si que o son, de feito a teoría das intelixencias múltiples dinos que temos bastante máis que un só tipo de intelixencia:

miércoles, 8 de febrero de 2017

Aceptar ós demais...empeza aceptándose a un mesmo

Moitas veces, a industria musical véndenos unha imaxe perigosa, a idea de que unha persoa guapa ou fermosa, ou incluso interesante e atractiva, só pode selo se responde a un estereotipo concreto.
Nada máis lonxe da realidade.

TOD@S SOMOS ÚNIC@S E FERMOS@S

Converter o lixo en música!


A contaminación da aire, a terra e a auga aumentan cada día, 


o noso lixo medra descontroladamente ata o punto de que existe xa unha illa no Pacífico de residuos plásticos tan grande xa como a península Ibérica,

moitas especies animais e vexetais do planeta están en perigo ou practicamente extintas...

¿¿Que podemos facer con todo isto??

Unha boa resposta é:

martes, 7 de febrero de 2017

Jazz

Cando miramos atrás buscando a orixe das músicas populares urbanas: do rock, blues,  jazz, reagge...;
sempre temos que ir ó mesmo sitio:

ÁFRICA

miércoles, 1 de febrero de 2017

Querer es poder!

Así se chama o libro de Aitor Francenesa "Gallo", o surfista vasco que conseguiu quedar 1º nos Campionatos do Mundo de Surf Adaptado organizados pola ISA. Aitor é invidente, pero iso non impediu que alcanzara o seu soño: 
facer o que máis ama na vida.




Non vos perdades este vídeo, 
¡emociona, si!, 
porque cando vemos xente superando verdadeiras dificultades e ser felices, fainos cuestionar as nosas queixas e os nosos supostos problemas. 
¿Onde están os límites?, semella que os poñemos nós coa nosa cabeza, porque exemplos como o de Aitor ensínannos que todo é posible, sempre que nos esforcemos 
e amemos de verdade o que facemos.


E un documental sobre Aitor, "Jinete Azul"