domingo, 28 de enero de 2024

A cantar!: respiracións e quecementos vocais

 Estes días traballamos na aula algo tan íntimo e primitivo para o ser humano coma o canto. 

Non é sinxelo ás veces atopar a nosa voz ou conseguir sentirse a gusto cantando, pero a satisfacción que obtemos expresándonos a través do canto é inigualable. 


Na aula xa practicamos como diferenciar distintas respiracións, enviando o ar á parte alta, media ou inferior dos pulmóns, agora ímonos centrar en 3 tipos de respiracións que nos poden axudar a cantar e tamén a relaxarnos: 

  • Respiración abdominal
  • Respiración completa
  • Respiración dobre
No seguinte vídeo tedes unha explicación sobre como conseguir unha respiración completa, que non só nos axuda a cantar, senón a relaxarnos e a osixenar o corpo e a mente. Nos enlaces do propio vídeo podedes acceder a outros tipos de respiración, como a abdominal:

viernes, 24 de noviembre de 2023

Ante a violencia de xénero, tolerancia cero!

Mañá é o Día contra a violencia de xénero, unha lacra que por desgracia existe e está aínda moi presente na nosa sociedade. Cada día, mulleres son maltratadas ou morren a mans de homes que se consideran con dereito a decidir sobre a súa vida e o seu benestar.


¡ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO, TOLERANCIA CERO! 

sábado, 4 de noviembre de 2023

A tocar!

 Empezamos xa coas partituras, e aquí temos a primeira, unha canción que coñecedes ben e que nos vai permitir aprender un montón sobre diferentes símbolos e signos de prolongación; aquí está Cumpleaños feliz!

 
Podes tocala coa fruta ou cantala coa túa voz, e incluso empregar instrumentos online coma os seguintes:


lunes, 23 de octubre de 2023

Experimenta e repasa coas notas, figuras e silencios musicais!

 Hoxe imos dedicar un pouco de tempo a repasar aqueles conceptos que estivemos vendo nestas primeiras semanas de curso: a notas musicais, as figuras e os silencios. Son a base da linguaxe musical, os ingredientes principais cos que poderemos compoñer música, así que adiante! Preme nas imaxes e vai probando os diferentes xogos:


lunes, 9 de octubre de 2023

Linguaxe musical: ritmo, pulso e acentos, os compases de subdivisión binaria


En Música, chamamos pulso á unidade básica para medir o tempo, son como golpes constantes que están na base das cancións (poden ser máis rápidos, lentos, intermedios...dependendo da velocidade da peza, que se chama Tempo) 


Para identificar o pulso dunha canción proba a dar golpes constantes coa man ou o pé (non te pases coa forza!)


Cando se fai música, colocando os acentos créanse patróns ou secuencias repetitivas con estes pulsos. por exemplo:

  1. acentuando o primeiro de cada 2 (ritmo binario, compás de 2/4), 
  2. acentuando o primeiro de cada 3 (ritmo ternario, compás de 3/4) 
  3. ou acentuando o primeiro de cada 4 (ritmo cuaternario, compás de 4/4)