Xa están aquí as ansiadas vacacións, e déixovos un villancico diferente para que non deixedes de cantar e reflexionar sobre todo o bo que queremos para o noso mundo.
¡¡Bo Nadal!!
Confundimos querer ós nosos fill@s ou alumn@s con consentir e darlles todo o que desexen, sen deixar lugar para que aprendan a frustrarse, a ter paciencia, a aceptar as caídas e as derrotas.
¡Si!, revolucionemos a educación, porque é máxica, dinámica, porque está viva e necesita de ideas, creatividade, movemento!
O fracaso é parte da vida, tan importante coma os triunfos, e del pódese aprender un montón. Admitir os fracasos e saber encaixalos ben é a maior das sabedorías, unha aprendizaxe para a vida. Se sabemos aprender deles, continuaremos no noso camiño coas forzas redobradas, co ánimo fortalecido, aprendendo a poñelos na súa xusta medida e a seguir camiñando.
O concerto estará interpretado pola Real Filharmonía de Galicia e por alumnado do Conservatorio de Música de Santiago. Alí poderedes ver os instrumentos e seccións que compoñen unha orquestra clásica. Sabes cales son? ![]() |
| Schubert dando un dos seus recitais de lieder, composicións para voz e piano |
A persoa proactiva non lle bota a culpa do que lle pasa ós elementos que a rodean nin a outras persoas, responsabilízase dos seus actos e decisións, e é quen de xestionar as súas emocións.