martes, 17 de octubre de 2017


Hoxe en Galicia non chove,
hoxe chora.

Sáenos de dentro o Nunca Máis!, outra vez.
Outra vez.
Un berro de dor e noxo.
Mais de novo acontece...
De novo estamos nós apagando as lapas, recollendo o chapapote...
Cantas veces Máis farán falta?
Canto Máis ten que arder??
Señores inútiles do goberno: non son “uns cantos pirómanos”, non é “un feito propiciado polas temperaturas”, as lapas non “viñeron de Portugal”!
Como se atreven!, de verdade cren que somos tan parvos?
Isto que aconteceu é un crime,
non ten outro nome,
e vostedes son cómplices e instigadores!
Cantas escusas Máis teremos que escoitar?
Aborrecida deste absurdo, de que non se tomen medidas, dunha xestión de montes nefasta, dun sistema de prevención de lumes inexistente, de que triunfen os intereses económicos e a especulación sobre a conservación da nosa Beleza.
Si.
Aquí mátase a Beleza, descóidase.
Pisamos a farmacia cada día e nin nos decatamos.
Gozamos de bosques de ensoño e permítese a planta masiva de eucalipto.
Farta de tanta mentira...
Espabilen! Fagan algo dunha vez!
Porque se non algún día todo será cinza e po,
a ver que escusa nos contan para entón.


Hoxe en Galicia non chove.

Un curso diferente


Un novo curso empeza!, 
mais desta volta 
A Plena Voz inicia unha etapa diferente. 

Nova vida ábrese camiño, 
e á vez novas inquedanzas que levaban tempo adormecidas, agardando. 
Porque, en ocasións, non é certo o que nos din de que temos que atopar esa única vocación que nos apaixona, ese único interese. Moit@s temos múltiples intereses!, 
e ás veces a falta de tempo é o factor que determina telos aparcados. Ata que de súpeto chega o día no que podemos meternos de cheo neles, mergullarse e experimentar unha nova dimensión de nós mesm@s. 

A escritora e artista Emilie Wapnick explícao dun modo ameno no seguinte vídeo. Non volo perdades!


jueves, 29 de junio de 2017

Festival de Música no IES de Viós

Rematou o curso!, 
e no IES de Viós celebrámolo ó grande, cun Festival de Música con moita participación. 
Non vos perdades o vídeo-resumo con tódalas actuacións!:


E máis nada rapaces!, foi un pracer, agardo que vos levedes un bo recordo das clases de Música, de Valores Éticos, de Reforzo, do Coro, das excursións, dos Recreos coa aula aberta e chea de músic@s!
Que a música vos acompañe sempre e vos axude a ser un pouco máis felices nas vosas vidas!

¡¡FELIZ VERÁN!!



viernes, 19 de mayo de 2017

Thriller!!

Xa está aquí a representación de Thriller 
do alumnado de 4ºB da optativa de Música! 

Non volo perdades, estes zombies teñen moito ritmo!

lunes, 15 de mayo de 2017

Ranthambore!

Un novo grupo musical acaba de aparecer!, 
chámanse Ranthambore 

De momento non se desvelou quen está detrás desta formación... pero si que podemos desfrutar coa súa música!

Preme nas imaxes e poderás escoitar as súas cancións 
ou seguilos na súa páxina de facebook aberta:






Ou na súa páxina 
de Bandcamp
onde xa teñen 
3 singles recén publicados:



Os seus temas, creados entre guitarras, baixo, piano e batería, voces potentes e toques de acordeón, vos sorprenderán polas súas letras, creatividade e estilo único. Non vos perdades:

"Vendido":


"Kraken":


"No temáis por mí":

domingo, 7 de mayo de 2017

Ser profes no sistema educativo

De vez en cando saen voces de entre a escuridade, profesionais inquedos do ensino que falan A Plena Voz, que denuncian, claman ós ceos, verbalizan o silenciado... 

Non é sinxelo conseguir ser auténtic@s nun sistema moitas veces hostil. Ou levar ás aulas creatividade, amor, entrega...cando te atopas con tantos obstáculos. 

Unha profesora do IES Isidro de Arcenegui (Maarchena, Sevilla), Eva María Romero Valderas, escribiu en xaneiro esta liberadora carta, farta da falta de apoio da administración, da sociedade que cría rapaces consentid@s e tiran@s, de pais e nais hiper-esixentes...

viernes, 21 de abril de 2017

O traxe tradicional para o baile galego

En 2º estamos empezando co baile galego, e para a actuación final viaxaremos no tempo e buscaremos un vestiario especial. Igual que a danza tradicional é diversa e diferente en cada zona de Galicia, tamén o son as prendas! Velaquí algunhas ideas para que vos poidades inspirar:

Para empezar, nesta wikispace podedes consultar un montón de información:


miércoles, 19 de abril de 2017

O vestiario no Renacemento 2

De novo estamos practicando o noso baile renacentista, Rostiboli Giogioso, coa súa bassa danza, piva e quadernario (recordade, compases de 6/4, 2/4 e 4/4) E agora toca caracterizarse completamente da época cun vestiario imaxinativo e orixinal.


Cadro do pintor holandés Pieter Brueghel, século XVI,
representando danzas populares

Xa sabedes que tedes que crear un personaxe, pensar na clase social á que pertence e logo intentar recrear as prendas que levaría durante este período dos séculos XV e XVI. Tedes moitas opcións: campesiños, artesáns, nobres, realeza,clero...








A incrible historia de superación de Ramón Arroyo

Diagnosticado de Esclerosis Múltiple foi quen de completar o Ironman, a proba máis esixente de triatlón. Un exemplo emocionante de como podemos conseguir o que nos propoñamos na vida. Só necesitamos traballo, esforzo e constancia!


miércoles, 29 de marzo de 2017

Alike

¿É posible ser un mesmo nunha sociedade que busca a homoxeneidade, a masa pasiva e conformista?

Desfrutade desta fermosa curtametraxe sobre o amor, a búsqueda de un mesmo...Que nunca deixemos de escoitar a nosa música interior, que nunca nos volvamos grises!


lunes, 27 de marzo de 2017

Uptown Funk Flashmob!

Xa está aquí o vídeo definitivo do flashmob realizado no IES de Viós co tema musical de Bruno Mars, 
non volo perdades!

viernes, 24 de marzo de 2017

Festival de Entroido no IES de Viós!

Xa temos vídeo do festival!, non volo perdades: comparsas incribles, bailes moi divertidos, 
e incluso algunha canción sorpresa final...

jueves, 23 de marzo de 2017

Zaz, desde Francia

Zaz, ou Isabelle Geffroy, é unha innovadora artista que fusiona a canción francesa ó estilo Edith Piaf, co gypsy jazz, o blues....Fixádevos na súa peculiar e versátil voz neste "Je veux", interpretado nas rúas de París, e que se volveu viral no 2011:

martes, 21 de marzo de 2017

Coñecendo nov@s artistas

En A Plena Voz queremos saír do habitual e escoitar música alternativa, que non está nos circuitos do "famoseo" pero que nos interesa mil veces máis!

Hoxe, para empezar, Iseo
proxecto da vocalista e música pamplonesa, gañadora da edición do Proyecto Demo 2016, de Radio 3:

martes, 14 de marzo de 2017

As mates divertidas!

¿Canles de Youtube que nos faciliten a vida coas diferentes materias, e tamén que nos axuden a aprender dun xeito máis ameno?
¡Así é!
Xa coñecedes os estupendos vídeos de ClipHistoria, cos que podemos viaxar no tempo e no espazo.

E agora, para as mates, física, química e incluso tecnoloxía, contamos coa gran axuda de profesor10demates , profesor10experimentos, co seu blog profesor10dematese unicoos!

Hoxe, que celebramos o día do número PI, queredes saber máis sobre esta enigmática cifra...?


martes, 7 de marzo de 2017

Clasificación de Instrumentos

Hai tanta variedade de instrumentos como imaxinación ten o ser humano: infinita! Por iso non é de estrañar que xurdiran tamén moitas formas de clasificalos. Vexamos algunhas:

O Pórtico da Gloria

Do Mestre Mateo, como bo artista medieval, coñécese pouco. Pero este misterioso construtor que viviu no século XII deixounos, entre outras, unha obra de arte única: o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Non só desde o punto de vista artístico, senón tamén musical!
Fixádevos nos anciáns do arco central, baseados como todo o Pórtico, na Apocalipse. Cada un deles porta un instrumento distinto, con tanto realismo, que os luthiers actuais conseguiron reproducilos e recuperar instrumentos que xa se perderan no tempo. 

Visita virtual en 3D do Pórtico

Pero...¿como soaban estes instrumentos? O grupo de música antigua Martin Codax interpreta os seus temas con reproducións exactas baseadas no Pórtico. Non vos perdades o seguinte vídeo:


Orquesta de Instrumentos Autóctonos y Nuevas Tecnologías (OIANT UNTREFF) mostrando un luminoso organistrum:


viernes, 24 de febrero de 2017

¡Que viva o Entroido!

¡Hoxe, no IES de Viós, vivimos unha xornada especial de Entroido! Os rapaces esmeráronse coa decoración das aulas, cos disfraces, e coas comparsas imaxinativas e tremendas que montaron. 
Coa colaboración de todo o centro creamos un día que ficará na nosa memoria. 



Para a semana teremos a montaxe de vídeo, 
pero polo de agora premede na imaxe 
para ver máis fotos de todo o que aconteceu.



¡Feliz Entroido!

viernes, 17 de febrero de 2017

Excursións de Música

Non hai mellor maneira de aprender que a través do contacto co mundo real. Nas saídas escolares respírase doutro xeito, experiméntase o inesperado, obríganche a improvisar, a relacionarte de outra maneira, reforzan os lazos afectivos e crean recordos imperecedeiros.
Así aconteceu nas saídas á Coruña e a Santiago de Compostela.



O mércores 15 fomos co alumnado de 3º e da optativa de música de 4º a desfrutar dun concerto de rock no Palacio da Ópera, onde nos falaron dos instrumentos dunha banda de rock e interpretaron temas emblemáticos da súa historia; seguido dunha interesante visita á Domus, xogando e experimentando coa ciencia para ampliar os nosos coñecementos.



E o xoves 16 o tempo meteorolóxico de Santiago agasallounos cun fermoso día soleado, para explorar a catedral, onde tivemos a sorte de escoitar o órgano, e tamén de perdernos polo seu casco histórico. Por último, os Gallaecia Big Band puxeron en escena un concerto sobre a historia do jazz, cheo de humor e anécdotas, que nos fixo participar e incluso bailar con swing!


miércoles, 15 de febrero de 2017

Intelixencia emocional

Sempre se fala da intelixencia "racional", a que nos permite resolver problemas matemáticos e seguir razoamentos lóxicos. E así, clasificamos á xente como intelixente ou non baseándonos unicamente neste tipo de capacidades. Pero que pasa coas emocións, o movemento, a capacidade de relacionarnos cos demais...¿non son intelixencias tamén?


Si que o son, de feito a teoría das intelixencias múltiples dinos que temos bastante máis que un só tipo de intelixencia:

miércoles, 8 de febrero de 2017

Aceptar ós demais...empeza aceptándose a un mesmo

Moitas veces, a industria musical véndenos unha imaxe perigosa, a idea de que unha persoa guapa ou fermosa, ou incluso interesante e atractiva, só pode selo se responde a un estereotipo concreto.
Nada máis lonxe da realidade.

TOD@S SOMOS ÚNIC@S E FERMOS@S

Converter o lixo en música!


A contaminación da aire, a terra e a auga aumentan cada día, 


o noso lixo medra descontroladamente ata o punto de que existe xa unha illa no Pacífico de residuos plásticos tan grande xa como a península Ibérica,

moitas especies animais e vexetais do planeta están en perigo ou practicamente extintas...

¿¿Que podemos facer con todo isto??

Unha boa resposta é:

martes, 7 de febrero de 2017

Jazz

Cando miramos atrás buscando a orixe das músicas populares urbanas: do rock, blues,  jazz, reagge...;
sempre temos que ir ó mesmo sitio:

ÁFRICA

miércoles, 1 de febrero de 2017

Querer es poder!

Así se chama o libro de Aitor Francenesa "Gallo", o surfista vasco que conseguiu quedar 1º nos Campionatos do Mundo de Surf Adaptado organizados pola ISA. Aitor é invidente, pero iso non impediu que alcanzara o seu soño: 
facer o que máis ama na vida.




Non vos perdades este vídeo, 
¡emociona, si!, 
porque cando vemos xente superando verdadeiras dificultades e ser felices, fainos cuestionar as nosas queixas e os nosos supostos problemas. 
¿Onde están os límites?, semella que os poñemos nós coa nosa cabeza, porque exemplos como o de Aitor ensínannos que todo é posible, sempre que nos esforcemos 
e amemos de verdade o que facemos.


E un documental sobre Aitor, "Jinete Azul"




miércoles, 25 de enero de 2017

Consellos para estudar mellor

¿Como fas para estudar?, ¿simplemente poste diante dos apuntamentos ou o libro e deixas que o tempo pase?, ¿ou tes un sistema, unha rutina que che funciona?

Neste orixinal vídeo atoparás consellos que che poden servir para aproveitar mellor o teu tempo de estudo:





E un enlace con máis consellos que tamén che poden ser útiles:



miércoles, 18 de enero de 2017

Xogar coa música

As calidades do son, a altura-duración-intensidade-timbre, non son unicamente palabras baleiras que os profes repiten cada curso...en realidade permítennos modificar os sons e xogar con eles, incluso crear as nosas propias melodías. 
 

Tomade nota, porque con estas claves convertirédesvos en expertos compositores!






Seguro que coñecedes xa a base sobre a cal escribimos música: 
o pentagrama.



 Pero podemos facer moito máis que escribir 
notas e figuras nun pentagrama...

martes, 17 de enero de 2017

As calidades do son

¿Podemos analizar un son igual que se analiza unha partícula nun miscroscopio...?
Si, porque se trata de ondas sonoras que se transmiten nun medio, totalmente mensurables. Podemos empezar por describir as súas calidades, ¿recordades cales son?

Na seguinte pantalla interactiva poderedes escoitar exemplos de sons con diferentes características:



Musicogramas

A música pode expresarse de múltiples maneiras, non só a través de partituras convencionais. Os musicogramas son un xeito creativo e infinito de transmitir contidos musicais. Mirade os seguintes exemplos:

"A mañá", de Peer Gynt (Eduard Grieg)