jueves, 17 de diciembre de 2015

Bo Nadal!

Xa chegan as esperadas vacacións de Nadal, e a canción "Happy Christmas (The war is over)", do inimitable John Lennon
vénseme á cabeza. 
Será porque, a pesar de que xa choveu desde o 71, algunhas cousas non cambiaron tanto. Antes chamábase Vietnam, agora Siria, pero segue habendo guerra. 
Segue habendo xente que quere sacar tallada a base de terror, a costa de xente que non terá un fogar neste Nadal, a costa dos que teñen que vivir baixo o dictadura das bombas. Por tod@s el@s, e pol@s que xa non están, vai este himno de esperanza. 

Oxalá poidamos dicir, algún día, definitivamente: 
The war is over!








Moi feliz Nadal 
e aninovo!



domingo, 13 de diciembre de 2015

Respirar!



Na última sesión de coro falamos dos pasos para cantar ben. 
Recordade:
 Quecemento

         Relaxación

                   Respiración


E centrámonos especialmente na respiración e nunha parte da nosa anatomía chamada diafragma, un tecido músculo-tendinoso que separa a cavidade torácica da abdominal. 

Navidad, navidad...


Xa case están aquí as vacacións de Nadal e ímolo festexar en coro cunha canción que seguro vos soará!:

Navidad, navidad, dulce Navidad,

la alegría de este día hay que festejar,

hey!

martes, 8 de diciembre de 2015

Historia do Rock 1: Orixes

O rock é actual, pero ten detrás del unha longa historia, e esta lévanos ata o asentamento dos colonos europeos en América, a escravitude da poboación africana no século XVII e a súa emigración forzada ó Novo Continente. Aí empezou todo.


Neste clip do filme La ultima cena (Tomas Gutierrez Alea, 1976) móstrase como era o día a día dos escravos africanos en América.


Music Time Line de Google

Con esta liña temporal de músicas urbanas podemos navegar polas épocas e artistas máis importantes da historia do pop, rock... 
Preme na imaxe e accede a ela!

domingo, 6 de diciembre de 2015

I gotta feeling!



Empezamos a cantar 
con este sinxelo retrouso de...

Blak Eyed Peas!

Velaquí tes as letra para ila practicando... 


I gotta feeling 


That tonight's gonna be a good night


That tonight's gonna be a good night


That tonight's gonna be a good, good night


jueves, 3 de diciembre de 2015

O Rap do coro!

Imos alá co noso Rap, que nos permitirá ir practicando exercicios para quecer as cordas vocais, movernos e practicar vocalizacións moi divertidas. O retrouso é mooi fácil, velaquí o tedes:

Este es el Rap del coro, vamos a cantar!

déjalo todo y ponte a rapear!

Quecemento

Igual que un deportista necesita preparar o corpo para o deporte, un cantante tamén necesita preparar a súa voz, e curiosamente iso implica tamén o corpo e a mente!



Xa vedes que nas sesións de coro sempre empezamos con xogos e exercicios de quecemento, un deles, moi simple, é mover o corpo cunha canción. Unha sinxela coreografía axuda a varias cousas: entrar en calor, relaxarse e, especialmente, pasalo ben! Un sorriso vaivos axudar a cantar máis que nada. :D



Todo vai influír no canto: o noso estado anímico, se estamos máis contentos ou tristes; tamén se temos o corpo tenso ou frío: daquela as cordas vocais estarán igual de tensas e frías, custaranos máis cantar. Pola contra, se estamos relaxados e cun calorciño san no corpo, todo irá máis fluído e fácil. 




E por último, inflúe moito se estamos respirando a medias, quedándonos sen ar e sen aproveitar a nosa respiración a tope, ou enchemos os nosos pulmóns con ar fresco e abondoso, abrimos ben, e osixenamos o noso corpo e cerebro.






Por iso, cando te poñas a cantar, recorda as 3 palabras clave:

                    QUECEMENTO

                                      RELAXACIÓN
                                                          RESPIRACIÓN

lunes, 23 de noviembre de 2015

EmocionARTE: rapear para superar o Bullyng

Dous rapaces ensínannos como a música pode ser un medio de superación persoal. 

O acoso escolar, unha experiencia terrible, pode facer que nos afundamos no pozo máis escuro, e aí está a música para sacarnos de aí e axudarnos a volver a respirar.
Escoitádeos!, son incribles

As calidades do son 1


Agudo, grave; forte, débil...sóache? 
Repasamos as calidades do son con este cuestionario:




...ou con este QUIZ:

Linguaxe musical 3

Con "Teachers invaders" trátase de, efectivamente, acabar cos profes! Pero coidado, para conseguilo vas ter que responder preguntas de linguaxe musical. 
Preparado?, a xogar!

A cantar!

What shall we do with the drunken sailor?




Linguaxe musical 2


Papageno e Papagena, os personaxes da ópera "A frauta máxica", de Mozart, explícannos e póñennos exercicios de linguaxe musical, nunha animación moi lograda! 

Descúbreos aquí:



A compoñer!

Si, 
ti tamén podes ser un
compositor/a! 


Crea a túa propia música e escoita como soa co seguinte xogo, fácil e divertido!:



Completar compases

Antes de poder compoñer música é moi importante coñecer os compases e que figuras caben en cada un deles. 
Se premes na seguinte imaxe accederás a un recurso para poder comprobar se xa o dominas. Na parte de arriba, na "i" de información, podes ver o teu progreso.

Adiante!


As notas musicais

Co xogo "Atrapa las notas" practicarás o nome das notas, seguro que xa non se che esquecerán!

Preme na imaxe, elixe o teu nivel e a xogar!




E tamén un Simon musical! 
Usa os teus reflexos para premer nas cores. 
Fíxate como irás reproducindo melodías, pois cada cor soa como unha nota distinta:

Linguaxe musical 1

A música é a linguaxe universal! 


Podemos comunicarnos con xente que fale outros idiomas, de calquera parte do planeta (ou de outros...) porque tod@s compartimos a música. E para iso, nada mellor que aprender ben o abecedario deste código aberto e directo ás emocións: as notas, as figuras e silencios...

a LINGUAXE MUSICAL!


Ademais do que vemos en clase, hai unha chea de recursos en rede para que poidades asentar os vosos coñecementos e practicar divertíndovos! 

Preme na seguinte imaxe, elixe o teu xogo e empeza!


miércoles, 18 de noviembre de 2015

A clasificación das voces

A nosa voz pódese clasificar de moitas maneiras:



   -Dependendo do xénero: a de muller, home, a infantil e a asexual (a que tiñan os chamados castrati)


   -Dependendo da intensidade, o timbre, o estilo, a idade (as voces dos nenos serían voces brancas), etc.


Pero a clasificación que máis nos interesa hoxe é a da tesitura, é dicir, o conxunto de sons ós que se adapta unha voz, os que se poden cantar sen esforzo.

Desta maneira, nos adultos coa voz no seu grao de madurez, atopamos as seguintes voces (de máis agudo a grave):


Mulleres 
Soprano
Mezzosoprano
Contralto



Homes
Tenor
Barítono
Baixo


martes, 17 de noviembre de 2015

Canon "Eu vou"

Con esta canción será moi fácil aprender a cantar a varias voces. Recorda que un canon é unha forma musical polifónica baseada na imitación: unha voz interpreta unha melodía e pouco despois outras voces empezan tamén, sucesivamente, a interpretar esa mesma melodía.

Eu vou,

vou remando vou,

a canoa polo río vai,

o atardecer ardente esperarei.


Este canon ademais é circular: cando chegues ó final tes que volver a empezar, e fusionar a última sílaba coa primeira (convertendo "esperarei" en "esperar-eu")

A cantar!

domingo, 15 de noviembre de 2015

Les Twins!

Incrible!

Estes dous xemelgos, Laurent e Larry Bourgeois, revolucionan o mundo da danza cos seus movementos imposible, fluídos e dunha naturalidade sorprendente! 


De orixe francesa, nacidos en Sarcelles no 88, nunca tiveron un entrenamento formal de baile, senón que aprenderon observando a outros breakers nas rúas do seu barrio. Crearon un estilo único: o Hip-hop New Style, unha mestura de popping, breakdance, dubstep e unha alta dose de interpretación con humor incluído.

Non vos perdades a súa actuación no Campionato Mundial de Danza, o World Dance do 2014:


Se queredes consultar máis información sobre Les Twins, podedes acceder ás súa páxina oficial no seguinte enlace:

Do, Re, Mi...

Queres cantar?, 
pois o primeiro paso será aprender as notas musicais:

Do, Re, Mi, Fa, Sol, La, Si

Na pelicula musical "Sorrisos e bágoas" (no orixinal "The sound of music", dirixida por Robert Wise, 1965, baseada á súa vez nun musical de Broadway), hai unha canción moi sinxela e pegadiza coa que poderás aprender as notas. Escoita o audio da versión inglesa:

E ti?, que tal oes?


O ser humano pode escoitar sons desde o 19 ou 20 Herzios (sons moi graves) ata os 19.000 ou 20.000 Herzios (sons moi agudos) A partir destes límites falamos de infrasóns ou suprasóns. Nós non podemos percibir este tipo de sons, non os oímos, pero outras especies si, como os cans ou as baleas.

jueves, 12 de noviembre de 2015

Instrumentos reciclados de 2ºESO!

No CPI Cruz do Sar, o alumnado de 2ºESO rematou xa os seus instrumentos creados con materiais reciclados! 
Moi bo traballo rapaces!

Se queredes ver as fotos dos paus de choiva, frautas de pan, timbais e guitarras, xunto cos seus autores e autoras, premede na seguinte imaxe:


sábado, 31 de octubre de 2015

Samaín 2015!




Hoxe, a noite máis terrorífica da ano, cando as fronteiras entre os mundos dos vivos e dos mortos son máis febles, tamén a nosa aula de música se uniu ó Samaín!






Así luciu esta semana, mentres sonorizamos historias de medo, poñéndolles efectos de son. 


Bo traballo rapaces!, a desfrutar da ponte e tamén desta noite...

Que teñades un 
feliz e terrorífico 
Samaín!

Creando instrumentos 4: o tambor

Pode que sexa un dos instrumentos máis antigos da humanidade, primitivo e fundamental na música. A percusión necesita os membranófonos, son puro ritmo!, e nós imos crear un deles.

Creando instrumentos 3: a frauta de pan

Este aerófono tan vistoso vainos permitir desfrutar de verdadeiras melodías dun modo moi sinxelo. Imos aló!

Creando instrumentos 2: a guitarra

Este cordófono que imos construír non é a típica guitarra...pero imitaremos o funcionamento e estrutura deste popular instrumento.

A crear!


viernes, 30 de octubre de 2015

Creando instrumentos 1: O pau de choiva

E empezamos!
Aquí teredes as explicacións, con fotos e texto, sobre como construír diferentes instrumentos musicais. 
Para todos eles procuraremos sempre empregar materiais de refugallo, cousas que normalmente tirariamos ó lixo pero que reciclaremos para crear música.
Convertirédesvos en verdadeiros luthiers! 
Imos aló!

PAU DE CHOIVA

lunes, 12 de octubre de 2015

A Plena Voz en Souncloud!

A Plena Voz ten conta en Soundcloud!, alí poderemos poñer as cancións compostas en clase, con licencia libre de Creative Commons.

Preme no seguinte enlace e escoita o tema composto polos BuleBule, "Os sons que nos unen", durante o curso 2013-2014.

jueves, 8 de octubre de 2015

A vestimenta para o baile renacentista: Rostiboli Giogioso


Viaxemos no tempo!, e para iso compre disfrazarse!
A mellor maneira de coñecer a vestimenta da época renacentista é botar unha ollada ós cadros e pinturas daquel entón, así como as ilustracións dos manuais de danza, que como xa sabedes naceron no Renacemento.




...e máis traxes tradicionais de Grecia!



Aquí tedes novas ideas para o vestiario do baile Menousis, que está practicando 2ºESO e que representaremos para a semana. 

Inspirádevos nas fotografías e usade a creatividade para transformarvos!


viernes, 2 de octubre de 2015

Viaxando no tempo: o Renacemento!

"Home de Vitrubio", debuxo de Leonardo da Vinci

 No século XV e XVI, despois da escura Idade Media e antes do mundo moderno, aconteceron unha serie de transformacións artísicas, culturais, científicas e sociais que coñecemos como o Renacemento

viernes, 25 de septiembre de 2015

AC/DC


        AC/DC! Non existe, no mundo do Rock, unha banda máis emblemática. Xa pasou un tempo desde o 73, cando os irmás Young, Angus e Malcom, practicamente uns mozos adolescentes, decidiron crear un grupo aló na súa terra: Australia. 
       AC/DC, literalmente "Corrente alterna, corrente continua", segue creando pura enerxía hoxe, máis de 40 anos despois. De poucos grupos se pode dicir que teñan unha calidade tan tremenda no seu directo, e que duraran tanto tempo cunha formación tan sólida.

Portada de "Highway to Hell", con Bon Scott á dereita

Dos bailes tradicionais ó Rock'n Roll!

       Estes días estamos empezando coa expresión corporal e o movemento, e na optativa de 4º, en concreto, interpretando un baile tradicional de Cuzco e unha coreografía de Rock'n Roll clásico. Danzas ben distanciadas no estilo pero que á vez comparten moito! Velaquí podedes repasar os pasos do baile de Cuzco, interpretado polo alumnado do CPI Laureano Prieto (A Gudiña)


     E neste outro vídeo podedes ver a coreografía orixinal de Elvis para o seu "Jailhouse Rock", da película homónima filmada en 1975:


domingo, 20 de septiembre de 2015

Canle de A Plena Voz en Youtube

        
    Se queredes ver proxectos audiovisuais de A Plena Voz de cursos anteriores ide á canle de Youtube:



     E aquí poderemos ir publicando aquelas actividades, bailes, festivais, lipdubs...que se vaian organizando. 
     Recordade, ademais, que sempre podedes propoñer proxectos vós mesmos, porque na escola estamos aprendendo tod@s! (@s profes incluídos)

Empezamos con RITMO!

     Estes días en clase creastes unha breve secuencia rítmica con instrumentos de pequena percusión, e cando vos preguntei por algún ritmo que tod@s coñecerades, ineludiblemente vos referiades a...



Novo curso!

      
         A Plena Voz empeza novo curso, e desta vez trasládase ó CPI Cruz do Sar. 
        O 2015-2016 iníciase en Bergondo, neste centro que reúne a alumnado de primaria e secundaria. Dúas clases de 2º, dúas de 3º e unha de 4ºESO serán a rapazada de Música. Animádevos a visitar o blog de cando en vez, rapaces!, aquí atoparedes material extra sobre os temas tratados, actividades, vídeos, etc.
        E sen máis...que empece a Música!

viernes, 19 de junio de 2015

Remata outro curso...

E velaquí chegou o verán!

      Rematou o curso 2014-2015, e alá quedaron o IES Antón Fraguas; @s cativ@s de Porto do Son; a rapazada do IES de Viós....
              Foi un pracer rapaces!, eu coma sempre marcho cargada de experiencias, da sabedoría que vós me transmitides, pequen@s tol@s, grande xente.

            Agora toca desfrutar!, pasádeo ben nas vacacións!, A Plena Voz regresará co novo curso, desexando atoparvos de novo e compartir música, danza, canto...



martes, 17 de febrero de 2015

Uptown Funk LIPDUB!

         Na optativa de 4ºESO do IES de Viós acabamos de escoller a canción que usaremos para o Lipdub deste trimestre: "Uptown Funk", de Mark Ronson y Bruno Mars. Aquí está o videoclip do tema:


         E o vídeo coa letra para ila aprendendo:




Tod@s a cantar a ritmo de funky!

Escola de Rock

No IES de Viós formouse a Escola de Rock! 

       
         Ven á aula de música nos recreos dos mércores, xoves ou venres e anímate a practicar guitarra, aprender piano ou canto... Tamén podes traer os teus instrumentos e practicar alí cos teus compañeir@s!